A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) puxo en marcha un xogo online destinado ao alumnado de educación secundaria co obxectivo de difundir as virtudes da compostaxe doméstica.


Baixo o nome 'Compostaxe doméstico. Experiencia Stop Motion', a actividade proporciona primeiro explicacións sobre o compost e os seus beneficios para despois facilitar aos escolares as ferramentas necesarias para elaborar o seu propio vídeo e axudar a difundir as vantaxes ambientais, económicas e sociais do autocompostaxe.


O obxectivo é que os alumnos constrúan unha historia que pode ser descargada en forma de vídeo a partir dos recursos que se poñen á súa disposición, tendo a opción de seleccionar os elementos, obxectos, personaxes e situacións que formarán parte do mesmo.


O xogo, a disposición dos internautas na web www.compostaconsogama.gal e en www.sogama.es, funciona en dispositivos de sobremesa e en portátiles, así como en tabletas.

POWERED BY BIGPRESS