#Claves de la semana

Un xogo online ensina aos estudantes as virtudes da compostaxe doméstica

Baixo o nome 'Compostaxe doméstico, Experiencia Stop Motion', Sogama facilita aos escolares as ferramentas para elaborar un vídeo e difundilo. 


|

Sogamacompostaxedomesticaonline

A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) puxo en marcha un xogo online destinado ao alumnado de educación secundaria co obxectivo de difundir as virtudes da compostaxe doméstica.


Baixo o nome 'Compostaxe doméstico. Experiencia Stop Motion', a actividade proporciona primeiro explicacións sobre o compost e os seus beneficios para despois facilitar aos escolares as ferramentas necesarias para elaborar o seu propio vídeo e axudar a difundir as vantaxes ambientais, económicas e sociais do autocompostaxe.


O obxectivo é que os alumnos constrúan unha historia que pode ser descargada en forma de vídeo a partir dos recursos que se poñen á súa disposición, tendo a opción de seleccionar os elementos, obxectos, personaxes e situacións que formarán parte do mesmo.


O xogo, a disposición dos internautas na web www.compostaconsogama.gal e en www.sogama.es, funciona en dispositivos de sobremesa e en portátiles, así como en tabletas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE