O Concello da Coruña lanzou '#noseusitio', unha campaña de información e sensibilización para incentivar a separación e a reciclaxe nos fogares.


En declaracións aos xornalistas, a concelleira de Medio Ambiente, María García, explicou que esta nova campaña, a quinta de información e sensibilización, quere "implicar á cidadanía partindo dun punto cero" e poñer en valor a súa colaboración.


"Todo o mundo ten que achegar porque os efectos son notables, non só a nivel ambiental senón tamén económico", asegurou a concelleira, que sinala que a colaboración cidadá repercute nos gastos de xestión de residuos para o concello.


E é que se a separación de envases se fai ben nos fogares, aumentan os ingresos para o concello. En concreto, destacou que "na planta de Nostián entrarán en 2016 máis de 7 millóns de euros ao ano" relacionados coa separación e recuperación de envases.


E en materia de papel, o non separar este material do resto de residuos carrexa unha perda de "un millón de euros" para o consistorio.

POWERED BY BIGPRESS