#Claves de la semana

#Noseusitio, unha campaña de sensibilización sobre a reciclaxe nos fogares

O Concello da Coruña quere concienciar de que a reciclaxe ten efectos beneficiais non só a nivel medioambiental, senón tamén económico.


|

Reciclajehogar

O Concello da Coruña lanzou '#noseusitio', unha campaña de información e sensibilización para incentivar a separación e a reciclaxe nos fogares.


En declaracións aos xornalistas, a concelleira de Medio Ambiente, María García, explicou que esta nova campaña, a quinta de información e sensibilización, quere "implicar á cidadanía partindo dun punto cero" e poñer en valor a súa colaboración.


"Todo o mundo ten que achegar porque os efectos son notables, non só a nivel ambiental senón tamén económico", asegurou a concelleira, que sinala que a colaboración cidadá repercute nos gastos de xestión de residuos para o concello.


E é que se a separación de envases se fai ben nos fogares, aumentan os ingresos para o concello. En concreto, destacou que "na planta de Nostián entrarán en 2016 máis de 7 millóns de euros ao ano" relacionados coa separación e recuperación de envases.


E en materia de papel, o non separar este material do resto de residuos carrexa unha perda de "un millón de euros" para o consistorio.

relacionada Adega acusa a Sogama de ter índices de reciclaxe "propios do franquismo"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE