Os críticos de Podemos Galicia que están en contra da alianza coas mareas rexistraron un novo partido co nome de Podemos 15M. A súa finalidade é contar cun "espazo propio fóra da Marea" e non descartan presentarse con estas siglas ás próximas citas electorais. Dependerán do resultado do congreso de Vistalegre e do camiño que siga o partido.


Os promotores son secretarios municipais con cargos en vigor, outros xa dimitidos e militantes a nivel individual. A formación leva rexistrada no Ministerio de Interior desde decembro, coa intención de garantir que "Podemos sexa federal, polo menos en Galicia" e que exista "nas próximas citas electorais unha papeleta representando o partido fóra da Marea".


Este grupo de críticos tamén cargan contra a xestión de Carmen Santos á fronte da dirección e acúsana de non render contas, ademáis de levar "máis de 100 días desde as eleccións galegas sen convocar unha asemblea xeral que estaba comprometida desde antes dos comicios electorais".

POWERED BY BIGPRESS