#Claves de la semana

Salvado o último escollo para a Área Metropolitana de Vigo

A Xunta e os Concellos acordaron finalmente un plan de transporte supramunicipal, desbloqueando a aprobación do ente


|



Levábamos varias semanas con reunións entre a Xunta e os 14 concellos cos que arrincará a Área Metropolitana de Vigo. Pero a desta luns foi a boa, a que conseguiu desencallar as negociacións atoradas no tema do transporte e consensuar un texto para a lei que regulará o ente supramunicipal. 


Finalmente, a Xunta aceptou que Vigo retivera a competencia sobre o seu bus urbano. Crearase un comité para coordinar este servicio co transporte intermetropolitano, un órgano no que estarán presentes todos os concellos membros, pero tamén representantes da Xunta. No comité tamén estarán integrados varios membros con voz pero sen voto, representando os intereses de Aena, Renfe, Adif e da Deputación de Pontevedra. 


De todos xeitos, as decisións finais non serán tomados por este órgano, senón pola xunta de goberno da Área, na que estarán presentes nun primeiro momento 14 concellos: Vigo, O Porriño, Mos, Pazos de Borbén, Salvaterra, Salceda, Nigrán, Baiona, Cangas, Moaña, Fornelos de Montes, Redondela, Soutomaior e Gondomar. En principio, a amplitude da Área aumentará rápidamente: na primeira reunión da xunta de goberno prevese integrar a outros municipios que xa expresaron o seu desexo de sumarse ao ente supramunicipal. 


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou a súa satisfacción por un acordo "sen volta atrás" acadado nun "día histórico". Nos vindeiros días o goberno galego remitirá o texto da lei aos concellos, para que sexa aprobada nos plenos municipais. A partir de ahí, o texto irá ao consello de Xunta, e podería quedar finalmente aprobado en Maio. 


Pola súa banda o alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosouse "absolutamente satisfeito e feliz", recalcando que o día ía entrar nos anais, xa que se conseguira "un bo acordo para os cidadáns".

relacionada Vigo intenta eliminar o escollo do transporte na Área Metropolitana
relacionada El Área Metropolitana de Vigo queda "al alcance de la mano"
relacionada La Xunta y el Concello de Vigo se sientan en una reunión decisiva para el Área Metropolitana
relacionada Quince alcaldes piden ampliar el Área Metropolitana de Vigo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE