O calendario

José Luis Fernández Díaz
Colaborador

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. 

Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.

Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras. 

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Son moitos os disparates diferenciadores que os novos grupos políticos pretenden impor á sociedade. Dentro das tradicións, a maior parte das veces, cando se entra nelas coma un elefante nun bazar, poden pasar cousas que chaman a atención, por absurdas. Poren, ás veces, o que se pretende non é tan irracional como puidese parecer nun principio, e o que pasa é que non estamos para interpretar actitudes e o escaparate non ten capacidade de comunicación . Da mesma forma, os hábitos de sempre, case se converten nas tradicións que inconscientemente demandamos. 


Existe un abismo en comparar unha procesión dunha confraría, con fumar nun bar. E acontece que sempre foron odiosas as comparacións. Sen embargo, como nos parecía que sacar o fume dos bares era unha misión imposible (e fomos capaces), agora toca o “feito relixioso”. Ao entrar en temas que están moi arraigados na sociedade, non se pode incidir sen abrir feridas profundas. Esa é unha das razóns polas que os problemas se aparcan no tempo. Pero resulta moi curioso que tampouco se lles busque solución a longo prazo e hai que pensar en que todo é moito máis complexo que abrir unha xanela para ventilar un cuarto.


A situación política muda calquera reminiscencia do pasado. Quizais lles soe este aserto moi rotundo, pero a capacidade de tomar decisións,(ou o ter poder), está tan repartido que xa non supón un perigo para os intereses globais. Son agora eses intereses globais, os que deciden a través dunha economía doente que non topa o antibiótico axeitado. Se as novas xeracións son quen de modificar as tradicións, entón non existirá a fractura social, nin os escándalos que nos espertan a diario. As tradicións son as maiores empresas de escravitude que existe a día de hoxe. Están presentes en todos os ámbitos e capas sociais, e atacan ás conciencias sen ningún complexo. Así, defino tradicións continxentes, aquelas que sen querer, participo nelas de forma voluntaria porque de non facelo, as consecuencias no meu entorno poderían ser demoledoras. E chegados a este punto tentarei xustificarlles a todos vostedes o título desta pequena columna de opinión: o calendario.

Cada ano a actividade docente descansa na mal chamada “Semana Santa”. Este feito rebenta as programacións ao modificar os trimestres. Por exemplo, neste ano bisesto, celebramos o Nadal o Entroido e a Semana Santa tan próximos, que caro costa diferencialos!. Por iso, desde hai algúns anos, moitos centros de ensino demoran algunhas semanas o dar as cualificacións do trimestre. É o calendario eclesiástico (baseado nas tradicións) o que condiciona o calendario educativo nos colexios, institutos e Universidades. Isto terá que mudar co tempo. So me preocupa que os cambios sexan a golpe de decreto vingativo, “porque agora nos toca a nós”. Sempre resultaron mal ese tipo de decisións, e non digamos nada da premisa visceral de todos coñecida e anteriormente citada.

Os períodos de descanso ao longo dun curso académico ou escolar deberan estar racionalmente distribuídos. Ás veces as variables climáticas son as que máis peso teñen. No centro de Europa, existe a Semana Branca. Nesa semana neva tanto que é imposible ir á escola. Traballan noutra hora. No noso país, no mes de xullo, non hai quen pare na rúa coa calor que vai. Hai, por tanto, que descansar. E entre tantos factores, nós incluímos as festividades relixiosas que nos atan ás tradicións que nos ensinaron. As mesmas que mamamos de nenos e que asombran a outras nacións. As mesmas das que caro nos costa escapar. E sen renunciar a elas, deberan estar presentes sen nos escravizar até o mesmo calendario anual. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE