#Claves de la semana

​Méndez Romeu e Leiceaga enfróntanse nunhas primarias que se prevén axustadas

Esta fin de semana coñecerase o candidato á Xunta do PSdeG


|


Xosé Luis Méndez Romeu ou Xaquín Fernández Leiceaga. Uns 11.000 militantes socialistas están chamados ás urnas este sábado para escoller ao candidato que lle disputará a presidencia da Xunta a Alberto Núñez Feijóo nas autonómicas do vindeiro outono.


Unha elección que se prevé axustada. Ambos candidatos presentaron un número similar de avais para as súas candidaturas, moi por enriba do mínimo do 10% da militancia obtida.


Dende entón, ten mantido unha campaña bastante respetuosa, centrada na suma de apoios de consideración para a súa candidatura, que se ten sucedido ao longo de toda a semana.


O último en dar un golpe de efecto foi o voceiro parlamentario dos socialistas. Méndez Romeu sumou este xoves o apoio do exministro de Xustiza Francisco Caamaño, que se suma ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, como un dos principais apoios da súa candidatura.


Leiceaga, pola súa banda, anotouse a colaboración de Gonzalo Caballero, o terceiro aspirante no proceso de primarias que se quedou fóra tras non conseguir reunir suficientes avais, firmando un pacto pola "renovación do partido". 


No programático, quizais o principal punto de diferenciación entre ambos candidatos sexa a xestión dos eventuais pactos post electorais. Ambos afirman presentarse ás eleccións para gañar, pero Méndez Romeu tense amosado máis crítico que o seu rival á hora de contemplar unha posible alianza coas mareas. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE