#Claves de la semana

​O ex militar acusado de enaltecer o xihadismo non aparece no xuízo

O fiscal da Audiencia Nacional pide a súa detención e ingreso en prisión.


|

Audiencianacional

A Fiscalía da Audiencia Nacional pide a detención e ingreso en prisión de Octavio Miguel Cadelo Tojeiro, o exmilitar galego acusado de enaltecemento do terrorismo xihadista e que chegou a mostrar a súa intención de facer camisetas con imaxes de execucións do Estado Islámico, despois de que non se presentase ao xuízo que ía ter lugar este xoves.


As fiscal Dolores Delgado pide dous anos de prisión para o acusado, o cal se definía no seu perfil persoal de Facebook como 'Aiatola Al-Xuvaiani'. Na dita rede publicaba mensaxes e imaxes de contido "claramente laudatorio e propagandístico" -segundo o escrito de conclusións provisionais do fiscal- de ideas e actividades violentas co terrorismo xihadista e outras organizacións criminais.


No seu escrito de conclusións o Ministerio Fiscal recolle algún destes comentarios, como a imaxe que publicou o 4 de agosto de 2015 -que estableceu como foto de perfil-, onde aparece sobre un fondo negro, un debuxo cos símbolos dunha gaita cruzada cun sabre árabe e un libro aberto con páxinas en branco e a lenda de 'Califato de Xuvia'.


Outra das mensaxes destacadas pola Fiscalía é o escrito o 5 de febreiro de 2015, momentos antes de que o Estado Islámico executase o cooperante británico Alan Henning, no que mencionaba a súa intención de facer camisetas con esta imaxe. É máis, uns días despois (o día 22) xustificaba na rede social as decapitacións e a queima viva de persoas que estaba a levar a cabo o mesmo grupo terrorista.


VENDA DE ROUPA CON MENSAXES DE ODIO


O exmilitar tamén era o titular e administrador da páxina web 'RPG-7' -nome dun lanzacohetes antitanque portátil de orixe soviétivo- vinculada á súa empresa de serigrafía (Río Xuvia), na que ofertaba roupa e bolsos serigrafiados con emblemas de varias organizacións terroristas como o EI, Al-Qaeda, Hamás, HSI (Harakat Sham Al Islam), Hezbolá ou Sendero Luminoso.


Cadelo foi detido o pasado 11 de agosto de 2015 en Narón (A Coruña) e un día despois procedeuse ao rexistro da súa vivenda e do comercio de serigrafía, onde se lle interviñeron un machete cunha folla de dobre fío e unha camiseta coa imaxe que publicou o 4 de agosto, entre outros efectos.

relacionada El detenido en Narón vendía prendas con emblemas yihadistas y fotos de atentados
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE