#Claves de la semana

Rotas as negociacións entre En Marea e Podemos

"Non haberá acordo, pois non houbo achegamento con respecto á fórmula de concorrencia", sinala Luís Villares.


|

Luisvillares


Despois de sete horas de reunión entre a En Marea e a dirección estatal de Podemos, non foi posible o acordo e o candidato da confluencia dá por rotas as negociacións. Nun chío en Twitter, Luís Villares recoñeceu que a falta de acordo se debe á que a fórmula de concorrencia foi un obstáculo insalvable.


O propio Luís Villares sinalou na Radio Galega que non vai haber coalición con Podemos e que En Marea xa se inscribiu como partido. No caso de que a formación morada acepte finalmente entrar, extremo descartado polo momento, tería que facelo coma o resto de formacións que compoñen o partido instrumental.


"Non existe acordo, entre outras cousas, porque a dirección política de Podemos demandaba a articulación dunha fórmula de coalición, algo que é unha decisión política que a asemblea do día 30 decidiu que non podía ser". O candidato defendeu a flexibilidade da Marea galega en relación á incorporación de listas, á incorporación de censos e da xente que non estaba dentro de En Marea, non houbo posibilidade de desatascar un dos puntos do conflito que era a coalición electoral".


Polo tanto, dá por "definitiva" a ruptura dun acordo para a inclusión de Podemos en En Marea, aínda que deixou a porta aberta a "unha decisión unilateral da organización a nivel galego de sumarse ao proxecto de En Marea pero non nas condicións que se formularon ata agora".


HAI XENTE DE PODEMOS QUE ESTÁ INCORPORADA


O maxistrado lucense acusou á "dirección política de Podemos" de "non" facer unha "reflexión no mesmo sentido de xenerosidade e traballo colectivo", que el si atribúe ás bases da formación morada.


Con todo, Villares indicou que "unha parte importante da xente de Podemos xa está incorporada e traballando dentro das mareas municipais", nun proceso en que, desde a celebración da asamble constituínte de En Marea e este venres "dobrouse o número de inscritos".


"Isto quere dicir que houbo unha incorporación significativa de xente desde o ámbito de Podemos. Os únicos que non fixeron unha reflexión no mesmo sentido, de xenerosidade e traballo colectivo foi a dirección política, pero si a organización", insistiu.

relacionada Podemos pide máis tempo a En Marea
relacionada ​En Marea amplía sus plazos para "facilitar la integración de Podemos"
relacionada Carmen Santos pasa polo aro dunhas primarias únicas, con condicións
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE