#Claves de la semana

​Rajoy abre un curso político “atípico” hoxe en Cotobade

A Carballeira de San Xusto acollerá o tradicional acto despois de case unha década celebrándose no castelo de Soutomaior, xestionado pola Deputación de Pontevedra que agora preside a socialista Carmen Silva


|

Rajoyfeijoo 1


O presidente do goberno en funcións e presidente do PP, Mariano Rajoy, estará hoxe sábado na localidade pontevedresa de Cotobade para clausurar un acto do seu partido, no que acompañará ao presidente do PPdeG e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.


Así, os populares celebrarán na Carballeira de San Xusto o que, tradicionalmente, considérase o acto de inicio do curso político, aínda que este ano será en circunstancias atípicas.


Por unha banda, o evento trasládase a Cotobade, despois de case unha década celebrándose no Castelo de Soutomaior, xestionado pola Deputación de Pontevedra. O ente provincial está presidido desde xullo de 2015 pola socialista Carmela Silva e, xa o verán pasado, Silva remitiu unha carta ao PP advertindo de que o acto daquel 30 de agosto sería "o último" que o partido de Rajoy e Alberto Núñez Feijóo celebraría no Castelo.


A TRES DÍAS DA INVESTIDURA


Por outra banda, o inicio de curso celébrase en plena precampaña das autonómicas galegas e, a nivel nacional, a tres días do debate de investidura. De feito, Rajoy acode a esta localidade pontevedresa cando o seu partido está en plena negociación con Ciudadanos para lograr un acordo para esa investidura.


O acto comezará ás 12.00 horas e está previsto que interveñan o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela; o presidente provincial do PP, Alfonso Rueda; o presidente da Xunta e presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo; e, finalmente, para clausurar, o presidente nacional do PP, Mariano Rajoy.


BALANCE DE FEIJÓO


O presidente dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, clausurou na mañá do venres a presentación do balance do Goberno do PPdeG na Xunta asegurando que o seu discurso é o seu traballo. “O meu discurso é o que fixemos. O meu discurso é o que propoño a Galicia que sigamos facendo xuntos”, recalcou.


Durante a súa intervención, o dirixente salientou que "a credibilidade non se consigue só polo que se di senón polo que se fai". Nese senso, subliñou que "hai quen pensa que gobernar consiste en predicar ou xulgar cando é decidir polo ben común; que hai quen considera que unha ideoloxía entra en 140 caracteres cando en Galicia farían falta 2,8 millones de twitters; ou quen cre que facer política é como rodar unha película de ciencia ficción cando a política é xustamente o contrario: feitos de verdade e persoas de verdade".


GALICIA EN MADRID


O número un do PPdeG fixo fincapé en que non se conforma con todo o acadado na nosa comunidade porque aspira a máis e que o balance que presentan “non o fai un goberno, faino un país” polo que “é a garantía de que Galicia pode ser máis forte e pode estar mellor”. “Impórtame Galicia e, por iso, impórtame o que se diga en Madrid“, dixo salientando que lle importa que en Madrid se fale de que “Galicia é unha excepción de estabilidade, de contas públicas saneadas e de servizos públicos mellorados”. 



relacionada ​Ciudadanos ve "imposible" cerrar hoy el acuerdo con PP
relacionada ​Feijóo contrapone la "estabilidad" del PPdeG con la división en la “multioposición”
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE