#Claves de la semana

Traballadores de Seaga reclaman 'outra política forestal'

Chegan fronte á sede da Xunta en San Caetano despois de percorreren as principais rúas do centro compostelán.


|

Seagaconcentracion


Ao redor dun centenar de traballadores da empresa pública de servizos agrarios (Seaga) e membros da central nacionalista CIG manifestáronse este luns en Santiago por "outra política forestal", e para reclamar unha "solución" á súa falta de estabilidade laboral.


En declaracións a Europa Press, o presidente do comité de empresa de Seaga en Pontevedra, Josafat Puente, destacou que estes brigadistas levan "moito tempo negociando traballar como mínimo seis meses", posto que tres, como ocorre actualmente, non lles serve para manterse e supón que cada ano vaian rotando os persoais.


Iso implica, segundo advertiu, que o servizo non sexa profesional, senón composto por "afeccionados". "E pensamos que necesitamos un servizo profesional", subliñou.


Coreando lemas como 'máis prevención e menos extinción', 'Seaga solución', 'queremos traballar e non emigrar', estas 100 persoas, aproximadamente, percorreron as céntricas rúas do Ensanche compostelán ata a sede principal da Xunta, en San Caetano, onde prevén que un grupo reducido se estableza a modo de acampada reivindicativa.


"EN PRIMEIRA LIÑA DE LUME"


O portavoz chamou a atención sobre que as cuadrillas de Seaga traballan "en primeira liña de lume", apagando incendios, e criticou que "o que non pode ser é que un traballo arriscado e perigoso se faga sempre rotando".


Neste sentido, expuxo que un contrato por seis meses, xunto aos subsidios, xa permitiría "máis ou menos sobrevivir", polo que, ao seu xuízo, "sería unha maneira de manterse no rural", xa que "moito persoal" de Seaga habita en núcleos rurais.


XORNADAS DE 16-18 HORAS


"A política da Xunta é moi cortoplacista e no que se basea é en que se o incendio 'se desmadra', pois explota un pouco máis aos traballadores que xa fan xornadas ata de 12 horas e levan a 16 ou 18 horas se hai un nivel 2", censurou Josafat Ponte.


Segundo advertiu, isto "é moi perigoso", porque xa 12 horas son "unha barbaridade", pero 16 ou 17 horas, "sen descanso, non entra na cabeza de ninguén".


CAMPAÑA ELECTORAL


Os comités de Seaga levan "dous anos negociando coa Xunta" e tamén se puxeron en contacto cos partidos da oposición, que en precampaña "se comprometeron" en levar adiante as súas propostas, segundo indicou Ponte.


"Temos o compromiso do PSOE, do BNG e de AGE ou En Marea de levar adiante as nosas propostas, porque consideran que é normal que teñamos un traballo estable e que non pode ser que sexan afeccionados", incidiu, en relación a unha política forestal "de máis traballo no inverno e menos no verán".


En canto ao PP, lembrou que reclaman unha entrevista coa conselleira do ramo, Ángeles Vázquez: "Esperamos que accedan a reunirse connosco", sinalou.


relacionada ​Brigadistas de Seaga inician unha acampada en San Caetano
relacionada Seaga puido ter sometido a xornadas de traballo ilegais a brigadas en Lugo
relacionada Tres meses de contrato para los bomberos forestales
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE