#Claves de la semana

​Buscan un desaparecido no Milladoiro e outra en Pontevedra

O home ten 37 anos e falta do seu domicilio desde a semana pasada. A moza pontevedresa padece unha discapacidade psíquica.


|

Desaparecidomilladoiro2

Isaac Otero leva unha semana desaparecido.

Familiares e veciños da localidade do Milladoiro, en Ames (A Coruña), buscan coa colaboración das forzas da orde a un home de 37 anos desaparecido hai unha semana na zona.

Isaac Otero de la Fuente falta do seu domicilio desde o pasado martes, cando se ausentou sen levar consigo nin diñeiro, nin teléfono nin documentación. Cando foi visto por última vez vestía un pantalón vaqueiro, unha camiseta a raias, unha sudadera negra e unhas zapatillas deportivas da mesma cor.

Coñecidos e familiares realizaron estes últimos días batidas polos montes próximos ao Milladoiro para tratar de localizar algunha pista do home. Da desaparición está informada a Garda Civil e Protección Civil de Brión, que lles prestou apoio.

Así mesmo, aproveitando a xornada festiva deste mércores, convocaron unha batida para buscar ao desaparecido. De forma paralela, a familia solicitou a calquera persoa que poida ter algunha información do home, que se poñan en contacto coa Garda Civil

DESAPARECIDA EN PONTEVEDRA

Unha moza duns 21 anos, que presenta certo grao de discapacidade psíquica, desapareceu do seu domicilio este martes na localidade de Pontevedra, na parroquia de Mourente.

En concreto, segundo as fontes consultadas por Europa Press, a Policía Nacional mantén aberta unha investigación para dar co paradoiro da nova.

Segundo indican, o pai interpuxo denuncia durante a tarde do martes, sinalando que a moza saíu tirar o lixo e non volveu ao seu domicilio. De momento, descoñécense máis datos.

relacionada Villanueva descarta que non se estean destinando medios abondos a buscar a Iván Durán
relacionada ​"Hay roces" entre Policía y Guardia Civil en el caso de Diana Quer
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE