​A xestora do PSdeG propón a Leiceaga como portavoz parlamentario

|

Leiceagapechecampaa


A xestora que dirixe o PSdeG vén de propor que quen fora o candidato socialista á Presidencia da Xunta nas recentes eleccións autonómicas, Xoaquín Fernández Leiceaga, asuma agora a portavocía do partido no Parlamento de Galicia.


Diso informou o PSdeG a través dun comunicado, no que explicou que esta decisión tomouse nunha reunión de traballo que tivo lugar este mesmo xoves en Santiago.


A partir desta designación, como avanzou o órgano que lidera Pilar Cancela, a xestora do PSdeG reunirase cos 15 deputados electos para organizar o traballo por áreas na Cámara para o próximos catro anos.


Os parlamentarios socialistas xa mantiveron o xoves da pasada semana a súa primeira reunión, aínda que foi un encontro breve tras a recollida das súas acreditacións.


Tan só un día antes, Leiceaga confirmou que exercería de portavoz para "non xerar máis inestabilidade" dentro dunha formación que xa atravesa momentos "convulsos". Con todo, deixou claro que o seu cargo está en mans dos órganos do PSdeG.


PETICIÓNS DE DIMISIÓN DE CANCELA


Esta decisión da dirección provisional do PSdeG de situar a Leiceaga como portavoz parlamentario chega no medio de numerosas peticións de distintos cadros do partido para que a xestora poña fin ao seu mandato, que arrincou o pasado mes de marzo coa renuncia de José Ramón Gómez Besteiro á Secretaría Xeral polas súas imputacións.


A última voz neste sentido foi a do expresidente socialista Fernando González Laxe, quen aproveitou o pasado martes a presentación dun informe económico para urxir á xestora para "deixar paso xa" e convocar o congreso e as primarias "antes de que termine este ano".


relacionada ​González Laxe insta ao PSOE a "deixar gobernar ao PP"
relacionada Sestayo insta a Cancela a dejar que la militancia elija la dirección del PSdeG
relacionada ​Santos Héctor cuestiona o "autonomeamento" de Leiceaga como portavoz

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress