​A oposición chega a un acordo sobre a repartición da Mesa do Parlamento

|


Parlamentogaliciavacio


Os grupos da oposición alcanzaron un acordo en relación á repartición dos dous postos institucionais que lles corresponden na Mesa do Parlamento e, así, En Marea terá a Vicepresidencia segunda (posto para o que propón a Eva Solla), mentres que a Vicesecretaría ocuparaa a socialista Concepción Burgo.


Fontes das distintas formacións ratificaron que o acordo se pechou na mañá deste mércores e xa foi trasladado ao presidente da Cámara, Miguel Santalices. Neste pacto inclúese a recolocación de parte da oposición no hemiciclo para esta X Lexislatura, que arrincará o venres.


BANCADA DO PSOE


Así, aínda que nun principio En Marea expuxera a posibilidade de ocupar a zona do PSdeG na bancada esquerda da Cámara, en aras á súa condición de segunda forza en votos (aínda que está empatada a 14 escanos cos socialistas), finalmente os socialistas non variarán a súa localización.


Si o fará o BNG, que ata agora sentaba na zona máis próxima ao corredor que separa a bancada da oposición da que copan os populares, na que agora se situarán os parlamentarios de En Marea. Deste xeito, os nacionalistas quedarán situados no medio de socialistas e membros do grupo da confluencia.


Respecto diso, a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, xa deixara claro publicamente que non faría causa por ter presenza na Mesa nin tampouco pola colocación no hemiciclo, postura que reafirmaría na reunión que mantivo a pasada xornada cos seus homólogos de En Marea (Luís Villares) e PSdeG (Xoaquín Fernández Leiceaga).


COMPOSICIÓN DA MESA


Mentres os nomes de PSdeG e En Marea para a Mesa xa son públicos, queda por ratificar a proposta do PPdeG, cuxa maioría absoluta dálle dereito a tres dos cinco postos do órgano reitor do Parlamento de Galicia.


Actualmente, o ourensán Miguel Santalices ocupa a Presidencia, coa vilagarciá Marta Rodríguez Arias como vicepresidenta primeira e o lucense José Manuel Balseiro á fronte da Secretaría.

relacionada ​En Marea quiere ocupar la bancada del PSOE en el Parlamento
relacionada Os partidos, coa vista nos orzmentos a piques de arrancar a X Lexislatura
relacionada A composición da mesa, primeiro obstáculo para a oposición no Hórreo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress