#Claves de la semana

Home de 30 a 40 anos da comarca do Barbanza, perfil do sospeitoso no caso Diana Quer

Amigas de Diana alertaron de que o facebook da moza tivo actividade a sesenta días da súa desaparición. 


|

Dianaquer3


A piques de cumprirse dous meses da mediática desaparición de Diana Quer, e só uns días despois de que a nai pedira a SOS Desaparecidos que activase unha alerta internacional para os EEUU, varios medios afirman que a Garda Civil traballa co perfil dun posible sospeitoso. Sería un veciño da comarca do Barbanza, da Pobra, Boiro ou Rianxo, de entre 30 e 40 anos, e con antecedentes por agresión sexual, violencia machista e tráfico de drogas, informa a CRTVG.


O grupo de persoas da Policía Xudicial da Garda Civil da Coruña e a Unidade Central Operativa (UCO) foron elaborando un retrato robot do tipo de persoa que podería ter participado nunha suposta desaparición forzada. Este perfil responde ao dun home que sería da comarca do Barbanza, onde a moza veraneaba, e onde ademais se atopa Taragoña, onde se perdeu a sinal do móbil da moza e onde tamén hai testemuñas que aseguraron vela saíndo dun coche e entrando noutro.


PERFIL DO SOSPEITOSO


O pasado mes de setembro transcendera unha información publicada polo Diario de Arousa, e da cal se facía eco GaliciaPress, que afirmaba que o equipo de investigación podería contar co perfil dalgún sospeitoso. Tales informacións foran entón desmentidas pola Garda Civil que pedía non darlle falsas esperanzas á familia de Diana Quer, recordando que detrás deste caso hai "unha familia que sofre".


Porén, transcenden novamente informacions similares, neste caso dun perfil de sospeitoso máis concreto que a Garda Civil estaría elaborando. Segundo o xornal La Voz de Galicia, o individuo, que non tería polo momento nome nin apelidos, oscilaría entre os 30 e os 40 anos. Ademais tería antecedentes policiais ou xudiciais pola comisión de delitos de características violentas (crimes de agresión sexual e violencia machista) e de tráfico de drogas.


Tal perfil apoiaríase na base de datos da propia Garda Civil, informa o mesmo diario, ademais de noutras fontes coñecedoras de ambientes "turbios" na comarca, imaxes daquela madrugada e os testemuños recollidos a semana pasada. 


FACEBOOK


Novas informacións dadas a coñecer este xoves por Antena 3 rebelarían que o perfil de Facebook de Diana Quer volveu estar activo a sesenta días da súa desaparición, segundo indicarían amigas da moza. A mesma canle rebela que os investigadores do caso analizan o por que deste feito. O espazo persoal desta rede social tivo actividade nas últimas horas, con indicacións nas que se mostra que desde ese perfil se consultaron publicacións doutros perfís.


A nai de Diana asegurou ao programa Espejo Público, de Antena 3, que a súa filla menor, Valería, non manipulou "en ningún caso" o perfil de facebook da súa irmá. 

relacionada A nai de Diana Quer cre que a súa filla podería estar nos EEUU
relacionada ​El juzgado prorroga el secreto de sumario en el caso de Diana Quer
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE