​Necesitamos cambiar a hora?

|

Relojhora


Catro expertos debaterán este mércores no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, sobre a conveniencia ou non en Galicia do cambio de hora estacional que terá lugar o vindeiro domingo.


'É o noso fuso horario un problema?' é o título da xornada organizada pola Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura e que analizará as vantaxes e inconvenientes desta modificación horaria para a Comunidade.


Para iso, contará coa participación de José María Fernández Crehuet, da Universidade Politécnica de Madrid; José Martín Olalla, da Universidade de Sevilla; José Fernández Albertos, do CSIC de Madrid; e Jorge Mira, profesor da USC.


O asunto volveu á actualidade pola aprobación no Parlamento balear dunha declaración para pedir que se manteña o horario de verán nas illas, un extremo que rexeita por completo o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Segundo o Executivo, Baleares "non pode modificar ou manter de forma unilateral o horario" e quedar no horario de verán (GMT+2) porque o cambio de hora está regulado nunha Directiva da Unión Europea.

relacionada O BNG pide para Galiza o mesmo fuso horario que Irlanda ou Portugal

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress