#Claves de la semana

​Feijóo rexeita fusos horarios distintos: "Eu non son portugués, son español"

Parécelle "perfectamente posible" debater acerca de cambialo a nivel global en España.


|

Feijoo3 1


O presidente da Xunta en funcións e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, defendeu un fuso horario único para o Estado e avanzou que el non apoiará que haxa "un en Baleares, outro en Madrid e outro en Galicia". "Eu non son portugués, son español", esgrimiu.


Manifestouno, ao termo do Consello da Xunta, despois de ser preguntado pola petición de Baleares en relación ao fuso horario, que esgrime que, ao ser a comunidade máis oriental do Estado, anoitece máis pronto e o horario dana os seus intereses turísticos.


Outras comunidades, entre elas Galicia, tamén debateron sobre esta cuestión en distintos momentos.


Respecto diso, Feijóo sinalou que el rexeita un fuso distinto en función das comunidades, aínda que lle parece "perfectamente posible" debater acerca de cambialo a nivel global en España.


Pero insistiu en que non acepta fusos distintos dentro do país. "España non é Estados Unidos nin Europa, é un país mediano na Unión Europea e sería ridículo que en Mallorca exista un fuso distinto do de Vigo, pareceríame ridículo nun país tan mediano como España", concluíu.

relacionada ​Necesitamos cambiar a hora?
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE