#Claves de la semana

Pedro Sánchez entrega a súa acta de deputado

Renuncia á súa acta polo seu "profundo desacordo" coa decisión da abstención do seu partido, e anunciou que se presentará ao congreso extraordinario. 


|

Pedrosanchezinvestidura 1


Pedro Sánchez compareceu na sala de prensa do Congreso esta mañá de sábado para anunciar a súa renuncia como deputado, algo que definiu como un "momentáneo paso a un lado". Con esta renuncia o exlíder socialista dixo que "non deixaba a política" senon que volvería ser "un militante do partido". Adiantou que traballará de forma "construtiva e leal" para facer do PSOE un partido "unido onde a militancia faga valer a súa voz". 


Explicou tamén que as razóns da renuncia están no seu "profundo desacordo" en facilitar o goberno de Rajoy, decisión que asumiron os socialistas a través da súa abstención. Mantén o seu 'non' á investidura, pero a decision de "votar en bloque", dixo, plantexoulle unha encrucixada na que non podía absterse, por coherencia co seu plantexamento do "non é non"; nin votar non, que implicaría ir contra unha resolución que foi aprobada polo Comité Federal. Dixo que "non escollía ningunha destas opcións", e anunciou que a partir do luns collerá "o seu coche" para "escoitar aos militantes e votantes de esquerda". 


Así, e despois de recoñecer a dificultade desta decisión, Sánchez asegurou entre bágoas que para alguén que "ama a política como forza transformadora", foi unha "honra" para o formar parte do Grupo Parlamentario Socialista.


Despois, recuperou o ton e avisou de que a Xestora que dirixe o PSOE debe poñer o vindeiro luns "data, hora e lugar" para o congreso extraordinario ao que se quere presentar. "Os socialistas queremos votar", dixo.


Ou exdirixente non asistirá esta tarde á investidura de Mariano Rajoy. Non obstante, desexoulle "sorte e acerto" a Mariano Rajoy, sen esconder as críticas ao seu goberno.


DISCIPLINA DE VOTO


Aínda non se sabe cantos deputados socialistas se absterán este sábado no segundo intento de investidura de Mariano Rajoy, acantando así a disciplina de voto coherente coa decisión acatada polo comité federal do partido, e cantos votarán 'non' na sesión de investidura deste sábado, a cuarta desde agosto. 


Prevese que os deputados do PSC voten 'non' como xa reiteraron en numerosas ocasións, aínda que isto non afectaría á investidura de Rajoy, que sairía victorioso igualmente. Precisamente Pedro Sánchez referiuse este sábado, na súa comparecencia tras a entrega da acta de deputado, aos seus compañeiros cataláns e pedíu á xestora que non os expulse por non acatar a disciplina de voto: "sería un erro". Na súa defensa dos parlamentarios cataláns engadíu que "somos moitos os que defendemos ao PSC, no PSOE non sobra niguén". 


"GRANDEZA"


A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, destacou a "grandeza" do que fose secretario xeral do Partido Socialista, Pedro Sánchez, por anunciar que deixa a súa acta de deputado no Congreso para non verse obrigado a desobedecer ao comité federal, que decidiu a abstención este sábado na investidura de Mariano Rajoy.


Así se pronunciou a dirixente socialista, tamén deputada na Cámara baixa, a través da súa conta na rede social 'Twitter' despois do anuncio realizado este sábado por Sánchez previo á sesión que terá lugar esta tarde no Congreso.




"Que grandeza! Ou se ten ou non se ten. Hoxe vin un político con maiúsculas! Non me equivoquei! Non nos equivocamos! Vamos!!", sinala a política galega.

relacionada ​El PSC mantiene su 'no'
relacionada El PSOE se abstendrá, pero se va a "hacer respetar como oposición"
relacionada Sánchez dimite como secretario xeral do PSOE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE