​Xallas descólgase do gran grupo lácteo galego

|

Cooperativasgalegasleite


A asemblea da cooperativa láctea Xallas votou en contra de formar parte do proxecto dun gran grupo lácteo galego, que si impulsarán Feiraco, Irmandiños e Melisanto, que, pola contra, decidiron este luns sacar adiante esta iniciativa.


Concretamente, segundo informaron a Europa Press fontes de Xallas, o 15 por cento da asemblea votou a favor de integrarse no grupo lácteo e o 85 por cento restante fíxoo en contra, sen que houbese abstencións.


Doutra banda, as outras tres cooperativas apoiaron amplamente o proxecto do gran grupo lácteo galego, polo que o proxecto sairá adiante con Feiraco, Melistano e Irmandiños, con apoios do 97,6%, 96,03% e 97%, respectivamente. A principios de outubro, xa foran validados polos consellos reitores das entidades.


As asembleas do mencionadas tres cooperativas ratificaron o acordo alcanzado polos seus respectivos consellos reitores, polo que inician un proceso de integración das súas actividades e negocios nunha cooperativa de segundo grao, cuxa denominación se fará público nos próximos días, e que terá efectos desde o día de hoxe.


As cooperativas que aprobaron acordo de integración dedícanse principalmente á fabricación de pensos, tenda agrícola e á prestación de servizos aos seus socios; xunto coa recollida, envasado e distribución de leite, así como doutros derivados lácteos.


Tras esta votación, no calendario previsto recolle que, entre novembro e decembro se proceda á constitución da nova cooperativa e inscrición no rexistro, e que as operacións se prevé a partir do 1 de xaneiro de 2017. O proxecto segue aberto a outras cooperativas.


OBXECTIVOS


O obxectivo desta unión é gañar volume e conseguir unha maior eficiencia coa integración de servizos e o abaratamento de custos, no marco dun mercado de leite marcado pola volatilidade de prezos.


Tamén se busca "optimizar" as subministracións e agregar volume para mellorar a cadea de valor e contribuír á súa estruturación.


No momento da presentación desta iniciativa, o presidente de Feiraco, José Montes, definiuna como "unha luz que se abre no ámbito que sempre se propuxo Galicia" a través de "sucesivas administracións", "de todos os partidos políticos", que "tiveron sempre como reto isto".


Existe o compromiso de manter o cento por cento do emprego, cun persoal total próximo aos 400 traballadores. Na actualidade, Feiraco conta con 1.978 socios e 208 traballadores; Os Irmandiños, 927 socios e 94 traballadores; e Melisanto, 656 socios e 37 traballadores. Pola súa banda, a cooperativa Xallas, que decidiu non integrarse, conta con 781 socios e 22 traballadores.


O novo grupo contará con participacións significativas nas sociedades Feiraco Pensos S.L, Feiraco Lácteos S.L, Clesa-Acolat, Ucoga Asesores, Delagro S.C. e Artesáns Gandeiros. Este proxecto nacerá con 33,3 millóns de euros de fondos propios: Feiraco (17 millóns), Irmandiños (11,6 millóns), Melisanto (4,7 millóns).


"MOI RARO"


Sobre a decisión da cooperativa Xallas de non participar no gran grupo lácteo xunto a Feiraco, Melisantos e Os Irmandiños, José Montes lamentou "que quede á marxe". "Das tres cooperativas ás que máis nos afecta é a nós porque está a actuar dentro do mesmo territorio", afirmou, para engadir que teñen, ademais, algúns socios comúns.


Deste xeito, lembrou que o "obxectivo un" era "integrarse para un proxecto compartido na zona". Respecto diso, asegurou que ofreceran "un plan de igualdade" á outra cooperativa que se quedou á marxe do acordo deste luns. "Non entendemos por que non se entendeu esta mensaxe, porque a maioría votou non", recalcou.


"Algo moi raro debeu de pasar para que suceda así", dixo en relación á negativa dos socios de Xallas de sumarse ao gran grupo lácteo galego. Con todo, o presidente de Feiraco ofreceu a súa axuda "en todo o posible" aos directivos desa cooperativa. "Estiveron solidariamente connosco", aseverou.


DIALOGAR


O presidente de Feiraco avogou, así mesmo, por "dialogar, comunicar e transparencia" nesta nova andaina. "Primeiro, os deberes ben feitos os que nos lanzamos a esta aventura meditada e pensada", recalcou.


"É cuestión de todos (os socios) de implicarse", sentenciou en relación á "integración e dimensionarse aos mercados". Por iso, concluíu que teñen por diante "un proxecto por facerse".

relacionada ​Catro cooperativas galegas queren integrarse nun grupo lácteo
relacionada ​Outro chanzo para o gran grupo lácteo
relacionada Feiraco e as cooperativas dedican un día ao empoderamento das mulleres do agro

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress