#Claves de la semana

​A Deputación de Lugo pide ao novo titular de Fomento que solucione os cortes da A-8

O vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, dixo que mentres non se solucione cómpre dotar de "transitibilidade segura" a N-634.


|

Nieblaa8abadinmondonedo


O vicepresidente da Deputación de Lugo, o socialista Álvaro Santos, emprazou ao novo ministro de Fomento, Iñigo da Serna, a que dea unha "solución" aos problemas derivados dos constantes cortes de tráfico, por néboa ou outras inclemencias meteorolóxicas, no tramo da A-8 comprendido entre os municipios de Mondoñedo e Abadín.


Tras a xunta de goberno, Santos subliñou que "hai que insistir en que iso se solucione e mentres iso non se solucione hai que dotar dunha transitibilidade segura e eficiente" á estrada N-634 que é por "onde se canaliza" o tráfico cando se pecha a circulación nese tramo da autovía.


O vicepresidente provincial fixo fincapé en que a circulación agora "é máis intensa que cando só existía a nacional 634, porque o acortamento de distancias significou que entrase máis tráfico por aí que o que entraba pola cornixa cantábrica".


É por iso que avanzou que solucionar este problema "será un eixo de traballo", da Deputación de Lugo. 


Álvaro Santos salientou que o feito "de ter pechado O Fiouco (que é o lugar dese tramo onde se concentran os problemas) ou aberto, significa o avance de tempo de cando non estaba construída (a autovía)".


Finalmente puxo o acento en que esta non é que sexa "a vía de entrada á provincia de Lugo, senón en toda Galicia da entrada do tráfico de mercadorías de España e de parte do tráfico que vén de Europa cara a Galicia".

relacionada La A-8, cuarto día cortada por la niebla
relacionada Seis nuevas caras en el Gobierno de Mariano Rajoy
relacionada ​El ministro de Fomento reclamó "responsabilidades políticas" por Angrois
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE