#Claves de la semana

Un golazo de Ontiveros fulmina o Dépor

O Deportivo perde contra o Málaga na prolongación do partido por 4-3. 


|

Depormalaga


Terceira remontada que sofre o Dépor, esta vez ante o Málaga, despois de dominar o terreo de xogo na primeira parte e tras repetidas ocasións de gol na segunda, nun partido que perderon na prolongación (minuto 92) por un golazo do conxunto local (4-3). 


O partido empezou con forza para o Dépor. A poucos minutos do comezo, e tras un penalti sinalado por Vicandi Garrido, Celso Borges marcou o primeiro gol e puxo o partido de fronte nada máis empezar. 


Empezou forte o partido para o Dépor, que sacou de centro e recuperou o primeiro balón tras o despexe inicial de Kameni para non soltalo ata o minuto dous, no que unha internada de Bruno Gama na área con derriba da defensa local, foi sinalado como penalti por Vicandi Garrido.


Despois de varios minutos con dominio intermitente e un par de chegadas do Deportivo por parte de Bruno e Andone, Borges foi protagonista en área propia ao abrazar a Santos cando o xogador local recibía dentro da zona de castigo. Vicandi tampouco dubido en sinalar a pena máxima e o xogador que sufriu a falta foi o encargado de anotar o tanto. 


O Dépor seguiu buscando a pelota, aínda que sen xerar ocasións excesivamente claras. Pero unha falta preto da frontal, que obrigou a situar a barreira á altura do punto de penalti, deu a oportunidade aos malacitanos de poñerse por diante no marcador. Lanzada directamente por Sandro, supuxo a remontada dos locais antes do parón do partido. 


Despois do descanso, o Dépor tentou buscar a portería rival pero o Málaga tamén buscou a pelota. No 10 da segunda metade unha chegada a liña de fondo de Rosales, acabou en centro atrás para Santos que, pegándolle mordida, meteu por encima de Tyto.


Andone e Gil foron os protagonistas da xogada do segundo gol. Un bo recorte e un centro perfecto do xogador levantino chegou á cabeza do dianteiro romanés para que dun gran cabezazo recortase as diferenzas no marcador.


O asedio do Dépor tivo premio. Tras varias intervencións que salvaron ao seu equipo, o fallo ao atrapar un centro do porteiro local deixou o balón nos pés de Celso Borges que anotou o segundo tanto da súa conta particular, o terceiro gol do partido, empuxando ao fondo da portería unha oportunidade que facía xustiza ás ganas deportivistas de atopar a remontada.


O Deportivo seguiuno tentando ata o final pero unha xogada persoal de Ontiveros supuxo un mazazo tan espectacular como o gol que anotou. Superando dun zapatazo pola escuadra a Tyto, puxo o 4-3 final no marcador. 

relacionada O Dépor empata co Granada a un punto
relacionada Polémica vitoria do Sevilla en Riazor
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE