#Claves de la semana

Os alumnos de primaria van mellor en castelán ca en galego e coxean en mates

Malia todo, nove de cada dez superaron satisfactoriamente as avaliacións de 3º e 6º de primaria realizadas no curso 2015-2016.


|

Alumnos

Nove de cada dez alumnos galegos superaron de modo satisfactorio as avaliacións de 3º e 6º de primaria realizadas no curso 2015-2016.


Segundo os datos facilitados pola Consellería de Educación, máis do 90 por cento logrou resultados satisfactorios en competencia lingüística en castelán (97%) e en lingua galega (93%) na proba final de diagnóstico desta etapa.


Así mesmo, un 88 por cento conseguiunos en lingua estranxeira e un 89% en competencia básica de ciencia e tecnoloxía. Os peores resultados déronse en matemáticas, aínda que un 71 por cento superou a proba sen dificultade. A avaliación de 3º rexistrou resultados similares.


Educación engadiu que os datos obtidos permiten observar unha "tendencia positiva" na adquisición de competencias, ao reducirse o número de alumnos no nivel máis baixo "entre catro e cinco puntos porcentuais" que se desprazan ao nivel intermedio e ao máis alto.


Esta evolución, que se rexistra en todas as probas, destaca en matemáticas ao reducirse nun 5 por cento os alumnos con cualificación máis baixa e o seu paso a niveis intermedios de competencia.

relacionada ​Acordo entre Educación e comunidades sobre os cambios nas 'reválidas'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE