#Claves de la semana

​A patronal dos empresarios galegos elixirá presidente o 27 de xaneiro

Antonio Fontenla, que ocupa a presidencia da CEG en funcións, mostrou a súa intención de non presentarse como candidato.


|

Empresariosceg


O presidente portavoz do comité executivo da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, convocou eleccións á presidencia desta entidade para o próximo 27 de xaneiro.

Diso informou este mércores nun comunicado a Confederación, que sinala que será o 27 de xaneiro cando se celebre a asemblea xeral na que se elixirá novo presidente. O labor de convocar a asemblea recaeu sobre o presidente en funcións, Antonio Fontenla, portavoz, por idade, da xestora que está á fronte da institución tras a dimisión do presidente Antonio Dieter Moure.

Previamente, o 12 de decembro reunirase a xunta directiva da CEG, na que se abordará a convocatoria do proceso electoral e outros asuntos da Confederación. O representante dos empresarios da Coruña e presidente en funcións da CEG, Antonio Fontenla, mostrou a súa intención nos últimos días de non ser candidato ás eleccións que el mesmo convocou.


CRISE INTERNA

A crise interna da entidade, nos últimos tempos marcada pola división norte-sur (os expresidentes Fontenla e José Manuel Fernández Alvariño foron adversarios en varias citas dos empresarios coas urnas), acrecentouse recentemente debido ás dificultades económico-financeiras e o feito de que Moure se impuxese ao seu rival (o presidente en Ourense, José Manuel Perez Canle) por unicamente 10 votos.

O plan de viabilidade deseñado polo último presidente saínte non chegou a executarse, e agora a xestora trata de aliviar a situación con medidas de axuste e a futura negociación de proxectos coa Xunta.

Entre estes proxectos atópase a rede 'Pexga' de oficinas no exterior, que nutre de fondos a patronal e da que dependen postos de traballo no ente.

relacionada ​Diéter Moure: "El presidente de la CEG es un reo de los presidentes provinciales"
relacionada ​Los cuatro vicepresidentes provinciales se hacen cargo de la CEG
relacionada ​Dimite como presidente de la CEG Antonio Diéter Moure
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE