​Os últimos días


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_sharev3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102
Jose Luis Fernandez Diaz
Colaborador

Nacido en Ourense en 1967. Estudou Maxisterio por Ciencias,especialista en Música. 

Licenciado en Ciencias Matemáticas especialidade de Estadística e Investigación Operativa na UNED.

Postgrado de Experto Universitario en Modelización de Riscos en Entidades Financieiras. 

Escrebo en varios diarios de Galiza, nalgúns co pseudónimo de José Luis Fernández Carnicero.

Mestre de Educación Musical no C.E.I.P. Calvo Sotelo (Carballiño).

Membro da Sociedade cultural: O Liceo de Ourense.

Membro do Consello Escolar de Galiza e do Consello Escolar Municipal de Ourense.

Cada vez que me achego ao mundo do cinema, non deixo de imaxinar. Cando se trata dun filme histórico, se a situación é hostil, o primeiro que fago é facer contas de canto tempo me restaría se me atopase nela. É a vantaxe de saber o futuro, para poder facer o cómputo dos últimos días. Por outra parte, cando todo discorre de forma positiva, os últimos días non son tan desexados coma no caso anterior.


Pero non estamos no mellor dos escenarios. A fartura de casos de corrupción, de xuízos de famosos banqueiros, de perda de dereitos, e de recortes sanitarios e educativos non parece que chegue aos últimos días. A estabilidade emocional deste país vive un shock, ante o dilema de que goberne unha esquerda dividida ou unha dereita fragmentada en demasiados casos de suposta corrupción. A sociedade vive presa das decisións económicas do Banco Central Europeo, e algúns xa se deron de baixa co famoso Brexit. Outros non se atreven.


Os últimos días confúndense habitualmente con libro de Apocalipses. Cando todo ten unha cor de desolación, destrución ou caos, empregamos o termo apocalíptico e quedamos moi satisfeitos de ter cultura bíblica. Nada que ver. O termo apocalipse significa revelación. Aínda que nesa visión de Xoán na illa de Patmos se fale dos xuizos que acontecerán na Terra, o termo referido á visión dos últimos días trae implícito unha terra nova e unha esperanza que non podo topar, nen nesta sociedade nen no propio concepto humanista (o home) nen ningunha relixión desta terra. Os días para coñecer se imos ou non imos a unhas terceiras eleccións redúcense máis de presa do que algúns desexan. E todos queren ir a elas aínda que ninguén se atreve. Uns por medo. Outros por ter máis deputados. Outros por ser máis grandes e poder máis.


Non deixa de ser curioso que a ambigüidade da linguaxe chega a límites cargados de incertidume. Non é non. Pois ben, debe haber algunha parte dese non que non chego a asimilar. Nese mesmo sentido se manifestan os militantes lucences, capitaneados polo desnortado Luís Álvarez, que non logrou nen na súa propia cidade superar ás mareas. É lóxico, xa o van coñecendo. E non dimite. O mesmo acontece en Ourense. Cun descenso de 6 puntos porcentuais, e 12.000 votos menos, o lider do PSOE en Ourense segue a navegar nun rumbo contrario ao cambio, nunha barca que zozobra. E todos necesitan unha oposición forte. Os últimos días serán máis duros do que a realidade dos nosos comentarios, pois renovarse é comezar de novo. Desde abaixo. Pero non queren.


Warning: Smarty error: unable to read resource: "articlecontent_share_inferiorv3.tpl" in /var/www/bigpress_alpha/libs/other/smarty/Smarty.class.php on line 1102

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress