Feijóo será investido presidente da Xunta o día 10 de novembro

|

Feijooysantalices


O pleno de investidura de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta terá lugar o 8 de novembro, e será a oportunidade para que o actual mandatario en funcións expor á Cámara as liñas sobre as cales fará pivotar a que será a súa terceira lexislatura coas rendas de San Caetano. A réplica dos portavoces da oposición chegará 48 horas máis tarde, o día 10, data na tamén terá lugar a votación.


Feijóo chega a esta cita como único candidato proposto, tendo en conta que os tres grupos da oposición --En Marea, PSdeG e BNG-- transmitiron xa ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, que non exporán un aspirante alternativo á vista dos resultados obtidos polo PPdeG nas urnas o pasado 25 de setembro. Iso si, todos eles ratificaron que votarán en contra da investidura do dirixente popular.


Unha vez transcorrida a votación, na que previsiblemente Feijóo recibirá o respaldo de 41 dos 75 deputados do hemiciclo, tantos como escanos ten o PPdeG, Santalices tomará rumbo a Madrid para comunicarlle ao rei Felipe VI que o mandatario conta co apoio da maioría absoluta do Parlamento de Galicia para exercer o seu labor. Informado o monarca, o sábado 12 terá lugar o acto formal da toma de posesión.


COMPROMISO COA "ESTABILIDADE"


O líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, reuniuse este venres co xefe do Lexislativo, Miguel Santalices, quen cumpriu coa formalidade de comunicarlle que o Grupo Popular o propuxo para ser investido presidente de Galicia por terceira vez, o que agradeceu, á vez que asumiu o seu "maior compromiso": o da "estabilidade".


"Eu garanto a estabilidade política en Galicia para o próximos catro anos. O maior compromiso que asumo é a estabilidade política do país, un activo social e económico de enorme relevancia", avanzou Feijóo.


O xefe de filas dos populares traballa xa no seu discurso de investidura, que pretende vincular coa articulación dun goberno centrado "nos intereses de todos os galegos, non dos militantes, simpatizantes e votantes do PP".


APERTURA DA X LEXISLATURA


En paralelo, tras o pleno de constitución da Cámara que tivo lugar o pasado venres, día 21, onde todos os deputados electos procederon a prometer ou xurar os seus cargos, a sesión solemne de apertura da X Lexislatura está convocada para o día 15 de novembro. Supón o arranque do traballo parlamentario, tendo en conta que a constitución formal das comisións terá lugar o día 2 de novembro.


Do calendario previsto en relación coa investidura do presidente e co labor parlamentario xa foi informada a xunta de portavoces na súa reunión deste venres. Trátase do primeiro destes encontros nesta lexislatura, na que En Marea irrompeu no Pazo do Hórreo como segunda forza en votos, aínda que empatada a escanos co Partido Socialista de Galicia.


CALENDARIO PARLAMENTARIO


En canto á constitución das comisións parlamentarias, afecta as oito lexislativas e ás outras seis permanentes. Adicionalmente, xa existe un acordo entre os grupos para poñer a andar as non permanentes relativas a igualdade, discapacidade e seguridade viaria.


Outro asunto sobre o que existe un acordo é no referido á presidencia da Comisión Terceira, de asuntos económicos, que tradicionalmente asume o principal partido da oposición, e que nesta ocasión recaerá no socialista vigués Abel Losada.


Abellosadapsdeg


Esta cuestión será posible debido unha negociación das forzas minoritarias ao redor dos postos institucionais das comisións (vicepresidencias e secretarías), ás que accederán de forma proporcional; e, particularmente, en virtude dun acordo para que a última quenda de palabra da oposición nos debates corresponda ao grupo que encabeza Luís Villares.


Todo iso, a pesar de que, na acta con data do pasado 8 de outubro, a coordinadora provisional de En Marea fixábase como obxectivo manter o liderado da comisión económica na liña de "facerse valer" como segunda forza parlamentaria.

relacionada ​O BNG opoñerase á investidura de Feijóo e será a voz da Galicia "rebelde"
relacionada ​O PSdeG non propoñerá candidato e votará 'non' á investidura de Feijóo
relacionada En Marea di 'non' a Feijóo e reivindícase como "alternativa política"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress