O consumo de sustancias e uso patolóxico da rede aumentan o risco de suicidio entre os mozos

|

Alcoholdrogas


Os mozos presentan "un maior risco de suicidio" se consomen sustancias ou realizan un uso patolóxico da internet, segundo puxo de manifesto este luns na Coruña a catedrática de Psiquiatría de Oviedo Pilar Saiz.


A intervención da catedrática enmárcase na segunda convencción da Confederación de Alcohólicos, Adictos en Rehabilitación e Familiares de España (Caarfe), que se celebra na Coruña do 28 de outubro ao 1 de novembro.


De feito a II Convención Nacional acolleu a conferencia sobre consumo de sustancias e suicidio impartida pola catedrática de Psiquiatría da Universidade de Oviedo, Pilar Saiz.


Segundo apuntou, en España prodúcese un suicidio cada dúas horas e explicou que, aproximadamente, o 90 por cento das persoas que se suicida "sofre algún tipo de trastorno". Isto sábese polas 'autopsias psicolóxicas', que consisten en traballar cos familiares para tentar reconstruír que lle pasaba ao paciente e por que chegou a realizar este acto.


En Europa os trastornos do humor están presentes nun 48% dos suicidios pero a segunda causa máis importante é o trastorno por abuso de sustancias, presente nun 19%, segundo indican os expertos.


"Increméntase o risco de suicidio coa presenza do policonsumo, do uso de drogas, sobre todo a opiáceos e ao alcol", argumentou Saiz. "Este risco dispárase coa comorbilidade", é dicir coa presenza dun trastorno psiquiátrico que coexiste cun consumo de sustancias.


"En psiquiatría vemos moitos trastornos do humor, (por exemplo unha depresión), pero sempre hai que investigar que hai detrás porque ás veces pódenos pasar que haxa un consumo de alcol que pode derivar nun suicidio", argumentou.


CONSUMO A MEDIO-LONGO PRAZO


O efecto do consumo a medio-longo prazo xera, segundo apuntou a experta, "impulsividade, afectación social, depresión, desesperanza, etc. e todo iso incrementa o risco de suicidio", por tanto afirmou que "si hai unha relación entre o consumo e o suicidio".


Neste sentido, a experta afirmou que os mozos presentan "un maior risco de suicidio se consomen sustancias ou realizan un uso patolóxico da internet", segundo diversos estudos.

relacionada ​Os nenos españois inícianse no uso da internet aos 9 anos
relacionada Alerta ante el aumento de adicciones al juego online entre los jóvenes
relacionada SOS Sanidade Pública reclama un plan para evitar suicidios

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress