En Marea, sobre Monterrei: "O Castelo é da xente e non do mercado"
En Marea lamenta que a Xunta obrigue os veciños a ter que chegar ata o Tribunal Supremo para ver recoñecidos os seus dereitos.
O deputado de En Marea Davide Rodríguez asegurou que a sentenza do Tribunal Supremo confirma que os veciños tiñan razón ao denunciar que a única intención do PP era beneficiar a uns poucos. "O Castelo é da xente e non do mercado", declarou o parlamentario.
Nun comunicado, En Marea lamentou que o Concello e a Xunta "obrigasen aos veciños para ter que chegar ata o Tribunal Supremo para ver recoñecidos os seus dereitos", á vez que felicita aos veciños, que "finalmente ven recoñecida a súa loita" contra "a expropiación dun ben público e cultural" como é o Castelo de Monterrei.
Nesta liña, chamou a asumir responsabilidades aos responsables da concesión e "non tentar cargar noutros as consecuencias dos seus erros". Ademais, considera "imprescindible" que as tramitacións de Urbanismo "respecten os dereitos da cidadanía" e "atendan unicamente os seus intereses".
Escribe tu comentario