#Claves de la semana
Sentenzas do Tribunal Supremo que declararon as plantas ilegais de Rinlo e Touriñán.

Feijóo debera pedir perdón polas plantas acuícolas de Rinlo e Touriñán, declaradas ilegais polo Tribunal Supremo

Francisco Caamaño responsabiliza a Feijóo a perda de 2.500 postos de traballo nas plantas de Muxía, Malpica e Camariñas, paralizadas por “capricho”

 


|

Santiago de Compostela, 07 de abril.- O deputado socialista Francisco Caamaño reclamoulle ao presidente da Xunta a “pedir perdón” por ter reactivado as plantas acuícolas de Rinlo e Touriñán. Caamaño presentou unha pregunta na Comisión de Pesca do Parlamento logo das sentenzas do Tribunal Supremo que declararon as plantas ilegais e obrigaron a pagar ás empresas un total de 1,8 millóns de euros.



O responsable socialista denunciou o “capricho” de Feijóo, coas plantas, que foron aprobadas sen proxecto de avaliación medioambiental dentro do Plan Acuícola do goberno de Fraga, con el mesmo como vicepresidente, incumprindo os requisitos necesarios para a súa instalación en Rede Natura.



As plantas foron posteriormente paralizadas polo goberno de Touriño, despois reactivadas por Feijóo como presidente e finalmente declaradas ilegais polo Supremo precisamente por incumprir os requisitos medioambientais necesarios.



A secuencia de feitos demostra, dixo, que “foron ilegais a elaboración do plan por parte de Fraga como a decisión de Feijóo de reactivalo, e foi legal a decisión de Touriño de paralizalo por estar feito sen avaliación de impacto medioambiental”. A “broma”, dixo, supuxo o pago de 690.000 euros a Acuinor –propiedade do curmán de Álvarez Cascos- pola planta de Rinlo e 1,1 millóns á filial de Pescanova Insuíña pola de Touriñán.



Caamaño lembrou que polo camiño o propio Feijóo paralizou as plantas acuícolas proxectadas en Muxía, Malpica e Camariñas polo goberno presidido polo PSdeG, que si eran legais, deixando á Costa da Morte sen Plan Acuícola nin 1.500 postos de traballo prometidos. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE