#Claves de la semana
OPERCION POKEMON

Sete imputados pola retirada de multas en Ourense optan por non declarar

Acolléronse ao seu dereito a non prestar declaración ante a xuíza instrutora Pilar de Lara


|

Os sete imputados na Operación Pokémon pola suposta participación na retirada de multas relacionadas con Vendex e o Concello de Ourense que estaban citados para esta mañá nos xulgados de Lugo optaron por non declarar ante a xuíza instrutora, Pilar de Lara.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os sete seguen na mesma situación procesual. Para a tarde deste luns están citadas outras oito persoas tamén imputadas pola retirada de multas en Ourense.

Estas citacións prodúcense despois de que o pasado 25 de maio comparecesen ante o Xulgado de Instrución número 1 de Lugo outros 14 imputados neste caso, entre eles o exalcalde de Ourense Francisco Rodríguez e cargos de Vendex como Adrián Cordero e José María Tutor Lemos. Estes imputados tamén rexeitaron declarar ante Pilar de Lara.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE