#Claves de la semana
PARQUE NACIONAL ILLAS ATLÁNTICAS (PONTEVEDRA)

As píntegas presentan un novo modo de reproducción vivíparo nas Illas de Ons e San Martiño

Os anfibios que habitan en Ons presentan un gran rango de variación mentres que os de Cíes son moito menores e similares


|


Un estudo das especies do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ligadas ás augas doces, do que Adolfo Cordero Rivera foi o investigador principal, determina a adaptación nas Illas de Ons e San Martiño da S. s gallaica, subespecie da Salamandra Salamandra, que presenta un modo de reprodución vivíparo. Un fenómeno que recolle Quercus, a revista decana da prensa medioambiental española.


A píntega común é un anfibio que soe presentar unha forma de reprodución ovovivípara. É dicir, cando estes animais pairen, as súas larvas teñen que estar ligadas ao medio acuático durante un período de tempo. Sen embargo, a subespecie das Illas de Ons e San Martiño é vivípara, xa que as súas larvas poden entrar en contacto directo co medio terrestre, non precisan da fase acuática. Esta información, froito do traballo que se vén realizando dende unha década, comprobouse mediante a captura de sete femias para que pariran dentro dos laboratorios. Unha vez que a teoría foi corroborada, tanto as femias como as crías foron devoltas ao seu entorno natural.


Estes animais pódense atopar de forma abundante na Illa de Ons cun nivel de densidade situado entre os 0,13 individuos/metro. Nas Cíes só se poden achar en San Martiño, nun lugar próximo ao arroio Concela, entre pedras e vexetación húmida. Os animais de Ons presentan diferentes rangos en canto a tamaño, mentres que os de Cíes son menores e máis similares.


Este fenómeno non é único, posto que se poden atopar subespecies de reprodución vivípara como a S.s bernardezi ou a S.s fastuosa nas montañas cantábricas ou no suroeste dos Perineos.


O estudo, que aborda a bioloxía dos anfibios do parque e as súas caracterizacións xenéticas, tamén ten en conta outras especies coma o Discoglossus galgano (Sapillo Pintojo) e o Lissotriton boscai. A primeira delas está presente en dous núcleos de Ons (O Caño e Pereiró), mais a súa reprodución é bastante escasa, xa que os adultos atopados constan dunha elevada idade. Esta especie, que se reproduce en zonas húmidas durante a primavera, tamén habita en Sálvora. Por outro lado, o Lissontriton boscai, denominado como Tritón Ibérico, ten orixe no norte da península e é moi abundante tanto na Illa de Ons como na de Sálvora.


Cómpre resaltar que as illas son lugares idóneos para investigar os mecanismos de adaptación dos animais debido ás características medioambientais do seu entorno, tal como é o caso do Parque Natural das Illas Atlánticas.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE