PARA NON PREXUDICAR OS USUARIOS

Os controladores aéreos renuncian aos paros en agosto

|

A Unión Sindical de Controladores Aéreos (USCA) optou por suspender temporalmente os paros durante o mes de agosto para non prexudicar aos usuarios nas súas vacacións, informou este domingo o sindicato nun comunicado.


USCA decidirá en setembro se renova as protestas ante a "nula vontade de diálogo" de Enaire, a empresa pública que xestiona a navegación aérea.

O sindicato convocou catro xornadas de paros parciais en xuño (os días 8, 10, 12 e 14) e outro catro en xullo (os días 11, 12, 25 e 26) para pedir o arquivo das sancións impostas a 61 controladores de Barcelona polo peche do espazo aéreo en 2010 e a readmisión dun profesional despedido en Santiago polos mesmos feitos.

USCA subliña no seu comunicado que decidiu suspender as protestas en agosto a pesar de que Enaire "demostrou a súa falta de vontade para chegar a un acordo negociado, a súa falta de responsabilidade para resolver o conflito e o seu desinterese polos prexuízos que os paros poidan causar nos usuarios do transporte aéreo".

Segundo o sindicato, a diferenza do que sosteñen Enaire e Fomento, non é certo que o diálogo cos controladores se manteña aberto.

De feito, afirma USCA, a última reunión entre as partes, celebrada o 23 de xullo, "realizouse por petición expresa do sindicato ante o silencio da empresa".

A pesar diso, engade o sindicato, USCA decidiu "suspender temporalmente a acción sindical" para "evitar molestias aos pasaxeiros en plena tempada estival" e pola importancia do tráfico aéreo para o turismo.

USCA volveu a criticar os servizos mínimos fixados polo Ministerio de Fomento -do 70% nos paros de xuño e do 80% nos de xullo- que, na súa opinión, "vulneraron o dereito fundamental á folga".

Segundo o sindicato, estes servizos mínimos -que foron impugnados por USCA- eran "abusivos" e distribuíronse de tal forma que só se respectou o dereito á folga dos controladores que non desenvolvían tarefas directamente operativas.  

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress