#Claves de la semana
INCUMPLIMENTO DAS RECOMENDACIONS DA CNMC

Falla de equidade, transparencia e sospeitosas alteracións no concurso das ambulancias do 061

 A CNMC alerta de elevadas barreiras de entrada para acceder ás concesións públicas e dun encarecemento dos prezos finais de aproximadamente “un 25 por cento superiores aos que se acadarían en caso de competencia efectiva”


|

O deputado socialista Xosé Sánchez Bugallo denunciou na Comisión de Facenda do Parlamento que o concurso do servizo de ambulancias do 061, que ascende a 121 millóns iniciais por catro anos e ampliable ata 197 por dous anos mais, incumpre as recomendacións da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia sobre equidade e transparencia.


Presentou unha pregunta oral na que lembrou a “sospeitosa alteración” nas condicións dun contrato convocado en decembro do ano pasado cambiando os requisitos para a concorrencia e deixando tan só 15 días naturais, reducidos a 11 días hábiles ao coincidir coa ponte da Constitución e dous domingos, cando o habitual son 45 días.


A esta “situación estraña” da publicación do DOG coas bases e os prazos súmase unha “nota aclaratoria” posterior alterando o prazo a través dunha “resolución anónima sen data e en papel sen timbrar nin asinar”.


Sánchez Bugallo advertiu que este proceso incumpre os requisitos fixados pola CNMC, nomeadamente con relación á dispoñibilidade de información “de forma simétrica para tódolos operadores”, para que os aspirantes “dispoñan información en termos e tempos equivalentes”.


Tamén incumpre a recomendación de incrementar a transparencia e publicidade da administración en relación cos procedementos de contratación. O organismo alerta de elevadas barreiras de entrada para acceder ás concesións públicas e dun encarecemento dos prezos finais de aproximadamente “un 25 por cento superiores aos que se acadarían en caso de competencia efectiva”.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE