#Claves de la semana
OS PEARES, TRES RIOS, POBO NATAL DO PRESIDENTE DA XUNTA, QUE ESTA ENTRE AS PROVINCIAS DE OURENSE E LUGO

A Xunta iniciará en novembro a construción da nova ponte sobre o río Miño

Esta actuación, cun investimento de 2,7 millóns de euros, permitirá a conexión entre ambas as beiras do río, mellorará o acceso á N-120 e facilitará os desprazamentos a pé


|

Plno da ponte que se vai construír sobre o río Miño


A Xunta iniciará en novembro a construción da nova ponte sobre o río Miño, nos Peares. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, presentou hoxe este proxecto que mellorará a mobilidade dos veciños desta zona, evitándolles un percorrido de case 7 km por estradas deficientes.


A conselleira explicou que esta actuación, cun investimento de 2,78 millóns de euros, permitirá a conexión entre ambas as beiras do río e facilitará o acceso á estrada N-120. Concretou que con estas actuacións tamén se promoverán os desprazamentos a pé, a través dunha senda peonil que discorrerá entre a vía nacional ata o núcleo dos Peares.


Vázquez destacou a especial consideración coa contorna desta infraestrutura, coidando especialmente a integración na valiosa paisaxe na que se vai construír e tendo en conta, ademais, que hoxe mesmo se está a celebrar aquí na Peroxa o levantamento das actas previas á ocupación dos terreos afectados.


Obras complementarias


A responsable autonómica de Infraestruturas, na presentación do proxecto da obra principal, subliñou o comezo tamén hoxe da primeira das 4 obras de mellora da seguridade viaria comprometidas, que suman un orzamento de 60.000 euros.

Así, concretou que hoxe dan comezo as obras de construción dun aparcadoiro e dun miradoiro na zona do centro de saúde do concello da Peroxa.

Plano das vías nas que se van actuar


O convenio asinado o pasado agosto entre a Xunta e os 4 concellos que integran o consorcio dos Peares (Ferreira de Pantón, Carballedo, Nogueira de Ramuín e A Peroxa) recolle tamén unha serie de actuacións para mellorar o ciclo da auga. Ethel Vázquez destacou que estes traballos xa están rematados e que supuxeron un investimento de 166.000 euros.


Vázquez precisou que a Xunta está a demostrar con feitos a súa determinación de dotar de infraestruturas axeitadas o interior de Galicia, cumprindo coa palabra dada aos veciños dos Peares, acometendo con dilixencia todas e cada unha das obras comprometidas neste núcleo tan singular e emblemático.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE