81 DETIDOS, NUHA OPERACION POLICIAL CONTRA A PORNOGRAFIA INFANTIL

Cinco detidos en Galicia, nunha operación contra a pornografía infantil

|

A Policía Nacional detivo a 81 persoas, entre as que se inclúen catro pontevedreses -da Estrada, Vigo, Sanxenxo e Marín- e un coruñés, por intercambiar en internet vídeos e fotografías sexuais protagonizadas por menores de idade, algunhas de "dureza extrema", nunha macro operación contra a pornografía infantil na que participaron máis de 300 axentes en 28 provincias españolas.


Os arrestados, segundo informou hoxe ese corpo de seguridade nun comunicado, intercambiaban a través de redes P2P de internet as imaxes, incautadas polos axentes, algunhas das cales, segundo advirte a policía, son "dunha dureza extrema e encádranse no sadismo ou o bestialismo".


Entre os detidos, todos eles homes, hai dous menores de idade e dúas persoas con discapacidade intelectual e os principais arrestos producíronse en Madrid (14 detidos), Barcelona (11), Valencia (6), Alacante (6), Sevilla (5), Illas Baleares (4) e Pontevedra (4).


As investigacións iniciáronse como consecuencia do "ciberpatrullaje" que desenvolven axentes especializados en investigación tecnolóxica, os cales vixían continuamente diversas canles de intercambio de arquivos como as redes Peer To Peer (P2P).


Tras perto dun ano de pescudas, os investigadores lograron identificar a decenas de usuarios que, amparados na sensación de anonimato que lles ofrecen este tipo de canles, compartían fotografías e vídeos sexuais protagonizados por menores.


Na operación desenvolvida hoxe efectuáronse 80 rexistros domiciliarios, nos que se analizaron os equipos informáticos utilizados presuntamente para cometer os delitos e incautado 96 discos duros, 58 computadores, 68 lapis de memoria, 4 tabletas, 195 CD e DVD, 18 teléfonos móbiles, 25 cartóns de memoria, 1 consola, 1 MP4, 1 videocámara e 2 cámaras fotográficas.


No rexistro da vivenda dun dos menores detidos, os axentes acharon unha plantación de marihuana, polo que tamén foi arrestado o pai do menor por un delito contra a saúde pública.


A investigación desenvolvérona axentes da Brigada de Investigación Tecnolóxica e de Brigadas de Policía Xudicial de provincias e localidades de toda España, que seguen analizando o material intervido para determinar se puidesen existir delitos de produción de material pedófilo, abusos sexuais sobre menores ou a conexión con outros pederastas.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE