#Claves de la semana
TRAS O ÉXITO DO PASADO ANO, VOLTA NO 2016 DO 19 AO 23 DE OCTUBRO

Womex, a feira internacional de música volta a Santiago no 2016

A Cidade da Cultura será o escenario no que se favorecerá o intercambio e as posibilidades de negocio aos diferentes axentes culturais entre o 19 e o 23 de outubro


|

Pola esquerda, Francisco Viéitez, de Nordesía Producións; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura; Martiño Noriega, alcalde de Santiago, e Beatriz Loroño, xerente da Cidade da Cultura

A feira internacional de 'world music' Womex regresará a Santiago de Compostela o próximo ano, coa Cidade da Cultura como o escenario no que se favorecerá o intercambio e as posibilidades de negocio aos diferentes axentes culturais e musicais entre o 19 e o 23 de outubro de 2016.


O complexo do Gaiás acolleu este luns a presentación da cita, presidida polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, a xerente da Cidade da Cultura, Beatriz Loroño, e Francisco Viéitez, de Nordesía Producións, empresa local que desenvolve o evento.


Todos os asistentes valoraron o "éxito" da edición 2014, con 2.400 delegados e 1.470 empresas de 90 países e unha feira de 668 exhibidores de 47 nacionalidades, ademais de 280 stands. Ademais, contou coa participación de seis artistas galegos e 21 empresas dentro do espazo Galician Tunes.

O alcalde, Martiño Noriega, valorou o "retorno" que tivo o evento para a cidade de Compostela, de modo que ata o 90 por cento do presuposto foi invertido en empresas locais a través de alugueres, soldos, ou escenarios, entro e outros, e permitiu a creación de 400 postos de traballo (250 directos e 150 indirectos).


Así mesmo, incidiu no impacto "positivo" que tivo no PIB do territorio, cunha media de 2,5 millóns de euros nas últimas edicións, ademais do impulso á imaxe da cidade con 350 músicos de 90 países, ademais de delegados e xornalistas de toda Europa.

"Son datos a ter en conta", insistiu, valorando a importancia deste evento para situar á cultura "nun contexto internacional" e a Compostela "como lugar de encontro", ademais de que terá o seu papel para "desestacionalizar o turismo" local.

"PUNTO DE INFLEXIÓN"


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, tamén incidiu no "bo sabor de boca" da edición 2014 como principal aliciente para o regreso do evento a Santiago, "moi rendible" tanto para o conxunto do sector cultural coma para as empresas locais.

Así, situou a Compostela como "porta de entrada e saída" da diversidade cultural, e dunha Galicia "aberta ao mundo" con capacidade para integrar "diferentes culturas e diferentes conceptos". Por outro lado, considerou que Womex permite "consolidar un proxecto de país" como creado de emprego no sector das industrias culturais.

Tras o "punto de inflexión" que supuxo a edición 2014 tanto para artistas como produtores, Galicia repetirá novamente en 2016 e acudirá á feira deste ano que acolle Budapest cun espazo propio de promoción no que "a cultura galega estará representada" e no que á súa vez se presentará o Womex de Santiago.

Pola súa banda, Francisco Viéitez destacou o "potencial" de contar coa Cidade da Cultura como escenario para a feira, ademais das infraestruturas do casco histórico, buscando lograr unha edición "moito mellor" e de maior éxito. Esta vez, o océano Atlántico será de novo o eixe vertebrador, con presenza da lusofonía e da cultura Ibérica, entre outras.

ORZAMENTO


Aínda que de momento non contan con cifras "pechadas", a achega pública estimada para a feira será de medio millón de euros, segundo calculou Martiño Noriega. Deles, o 58 por cento sería de achega municipal e o 42 por cento autonómico.

A pesar diso tanto el como Rodríguez aclararon que están en pleno proceso de "negociación" tanto do peso porcentual coma das contías, ademais de manter conversacións co Estado e a Deputación daCoruña para lograr maior cofinanciamento.

A iso haberá que sumarlle o resultado do proceso de busca dos diversos patrocinios de iniciativa privada. Viéitez, ademais, calculou que a achega pública se situaría entre un 30 ou un 40 por cento.

PROGRAMA

Os escenarios do Womex 2016 serán tanto a cidade vella de Santiago como o propio complexo do Gaiás. Aínda que non se coñecerán detalles da programación ata algúns meses antes da súa celebración, esta estruturarase en DayWOMEX, que abrangue a feira profesional e outras actividades complementarias do Museo Centro Gaiás e o CINC (conferencias, proxeccións, networking, etc); e NightWOMEX, con máis de 60 'showcases' en distintos puntos do casco antigo de Compostela. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE