#Claves de la semana

Os galegos gastarán 15,95 euros de media no sorteo de "El Niño"

O vindeiro 6 de xaneiro o Sorteo Extraordinario de "El Niño" da Lotería Nacional repartirá 630 millóns de euros, 70 máis que en 2015. Un premio certamente ilusionante, que levará a cada galego a gastar unha media de 15,95 euros na súa procura. 



|


O vindeiro 6 de xaneiro o Sorteo Extraordinario de "El Niño" da Lotería Nacional repartirá 630 millóns de euros, 70 máis que en 2015. Un premio certamente ilusionante, que levará a cada galego a gastar unha media de 15,95 euros na súa procura. Esta cifra atópase case un euro por debaixo da media a nivel estatal, pero por enriba das cifras do ano pasado. 


En total están consignados preto de 220.000 billetes para a nosa comunidade, algo máis de 43,8 millóns de euros. Por provincias, a inversión estimada máis elevada espérase en Lugo, onde a media por habitante se eleva ata os 19,72€. Segue a continuación A Coruña con 17,1€ e Pontevedra con 14,27€, cerrando a lista Ourense onde tan só se gastarán 12,77€ por habitante. 


Semella que os lucenses son os máis que depositan máis esperanzas no sorteo de "El Niño", algo comprensible se temos en conta que ten sido os máis agraciados históricamente. Na provincia de Lugo "El Niño" xa caeu en tres ocasións, na capital en 1955, en Mondoñedo en 1987 e en Monforte de Lemos en 2014. Na provincia de Pontevedra o primeiro premio caeu en dúas ocasións (en Vilagarcía de Arousa en 1976 e en Vigo en 1986), igual que en A Coruña (na capital no 1998 e en Ferrol no 2007). En Ourense, en cambio, "El Niño" só se deixou ver nunha ocasión, agraciando á capital da provincia en 1987. 


PREMIOS


A principal novidade do Sorteo de "El Niño" 2016 é que sairá do seu emprazamento habitual, no Salón de Sorteos de Loterías, para celebrarse ás 12:00 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, onde haberá entrada libre ata completar o aforo. 


O primeiro premio repartirá 90 millóns de euros (2 millóns por serie), o segundo será de 33.750.000 (750.000 euros por serie) e o terceiro de 11.250.000 euros (250.000 euros por serie). 


Os décimos e resgardos para o Sorteo de "El Niño" xa están dispoñibles nos máis de 10.400 puntos de venda da rede comercial de Loterías. O precio do décimo é de 20 euros e o sorteo constará de 45 series de 100.000 números cada unha, sendo a emisión de 900.000 de euros e repartindo en premios o 70% da mesma. 


A historia deste tradicional sorteo remóntase a 1941, cando o entón director xeral de Timbres y Monopolios o institucionalizou. Tralo éxito do primeiro sorte, decidiuse ao ano seguinte transformalo en Sorteo Extraordinario. 

En 1941 o sorteo constaba de 4 series de 43.000 billetes cada unha, a 150 pesetas o billete, dividido en décimos de 15 pesetas. Aquel ano vendéronse 166.688 billetes cunha recaudación de 25.230.000 pesetas que reportaron un beneficio de 7.700.300 pesetas ao Estado. 


O programa de premios contaba con cinco grandes premios que ían dende as 50.000 ás 500.000 pesetas por serie. En 1941 o número agraciao co primeiro premio foi o 23.594, recaendo en Sevilla. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE