#Claves de la semana

O bloqueo urbanístico de Vigo é "un problema grave" para Citroën

Pídelle ás administracións que atopen unha solución para non poñer en risco os novos vehículos que se poderían fabricar en Vigo.


|



O director de Citroën en Vigo avisa: a ilegalización do PXOM de 2008 podería supor "un problema grave, non podemos construir". Yann Martin pídelle ás administracións que atopen unha solución para non poñer en risco os novos vehículos que se poderían fabricar en Vigo. 


No marco dunhas xornadas celebradas en Vigo, o director do Centro de Vigo de PSA Peugeot Citröen deixou clara a súa postura, avisando ás administracións do perigo que conleva o actual bloqueo urbanístico para a súa factoría. 


Pídelle a todas as administracións que atopen unha solución "no primeiro semestre ou no segundo", para resolver "un problema grave" que podería poñer en perigo os futuros lanzamentos da compañía. 


Yann Martin asegura que se a planta viguesa pretende construir novos vehículos debe presentar en Francia "escenarios de industrialización", algo que "non podemos facer agora". 


Trala ilegalización do PXOM de 2008 por parte do Tribunal Supremo a Xunta propuxo modificar a Lei do Solo para sacar adiante proxectos de interese xeral á marxe das regulacións locais, como podería ser a ampliación de Citroën. Esta proposta contou co apoio do Concello de Vigo e de parte da oposición, pero foi bloqueada por Alternativa Galega de Esquerda, que entendía que abría a porta a unha desrregularización perniciosa. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE