#Claves de la semana

Feijóo acusa a AGE de "desvergoña política" por negarse a reformar a Lei do Solo

AGE responde acusando ao presidente da Xunta de utilizar aos traballadores de Citroën "como escudo" para intentar impoñer unha norma sen seguridade xurídica


|



O Partido Popular aprobou onte a nova Lei do Solo grazas aos votos da súa maioría absoluta. Pero o que non foron quen de sacar adiante os populares foi a enmenda coa que pretendían sortear o bloqueo urbanístico de Vigo, bloqueada pola Alternativa Galega de Esquerda.


Pois ben, onte o presidente da Xunta non participou no debate, pero hoxe acudiu con ganas ao parlamento galego. Alberto Núñez Feijóo foi contundente nas súas críticas, acusando a AGE de "desvergoña política máxima", asegurando que lle negaron á cámara galega a " posibilidade de "discutir unha enmenda", polo que ironizou sobre a súa condición "novos demócratas". 


Feijóo asegura que o bloqueo de AGE foi en contra dos traballadores de Citroën, que permanecen á espera dunha solución para poder reorganizar a súa factoría e optar a novos vehículos. 


Pero o voceiro de AGE, Antón Sánchez, non se amilanou ante as palabras de Feijóo. Acusou ao presidente da Xunta de "utilizar aos traballadores" como escudo para intentar impoñer unha norma prexudicial para Vigo e para Galicia. 

Recorda que o seu grupo se reuniu tanto como a patronal como cos traballadores de Citroën, asegurando que o que desexan é "seguridade xurídica", algo que segundo dixo non garantiría a solución do PP. Dándolle a volta as acusacións de Feijóo, Sánchez sostivo que o que estaba a por aos traballadores en risco era a súa forma "chafalleira" de facer urbanismo, denunciando que os populares non puideron sacar a enmenda a tempo porque a presentaron fóra de prazo. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE