#Claves de la semana

O mosteiro de Melón recuperará toda a súa grandeza

O goberno central compromete unha inversión de preto de dous millóns de euros, á que se suma outro medio millón para a Catedral de Tui


|



O mosteiro de Santa María de Melón é unha das xoias menos coñecidas do arte cistersiense en Galicia, un lugar emblemático que agora será restaurado para recuperar por completo a súa grandeza. O Goberno Central acaba de comprometer 1,8 millóns de euros para este complexo monástico, que se centrarán na recuperación e rehabilitación das ás norte e oeste do claustro e na hospedería nas súas plantas baixa, alta e cuberta. 


Estas actuacións forman parte dun investimento global de 4 millóns de euros do mosteiro de Melón, declarado como Ben de Interese Cultural. Nos pasados anos xa se fixeron diversos arranxos en pavimentos, campanarios, teitos e retablos, entre outros.


Paralelamente, o goberno tamén acaba de autorizar outro investimento na Catedral de Tui de 552.000 euros, destinados principalmente ao acondicionamento do antigo pazo episcopal e edificio claustral para destinalas a usos culturais, compatibles con uso do bispado. Espérase que as obras se executen no verán e estean acabadas cara a final de ano.






Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE