#Claves de la semana
DENDE O 19 DE MARZO A XUNTA ACTIVARÁ UN PLAN DE VISITAS

O Concello de Ribadeo habilitará aparcadoiros nas inmediacións da praia das Catedrais en Semana Santa

O control de visitas articúlase ao redor dunha páxina web, na que xa se poden solicitar as autorizacións para a Semana Santa


|

Do 19 ao 28 de marzo estará activo o plan especial de visitas á praia das Catedrais durante a Semana Santa. Para acceder ao areal será preciso obter os pases correspondentes a través da páxina Web da Xunta: https://ascatedrais.xunta.es/


Ao igual que durante o pasado verán serán 4.812 as autorizacións que se expedirán diariamente por parte da Xunta, da Mancomunidade de Municipios da Mariña, do Clúster de Turismo de Galicia, dos hoteis de Ribadeo e tamén dos taxistas da vila, que disporán por primeira vez de tíckets diarios para quen elixa este método de transporte. Ao acto de presentación deste plan asistiu o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez. No centro de cultivos mariños estiveron a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, a directora xeral de Conservación de Natureza, Ana Mª Díaz, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.


O rexedor manifestou: “eu estou convencido de que as cousas para que cheguen a bo porto téñense que facer de maneira conxunta e pola parte do Concello así foi, así é e así vai ser”.


Suárez Barcia lembrou que “sabedes, porque hai moi poucos días mantivemos un encontro afable, agradable, aberto e participativo, e escoitastes tamén na Consellería de Medio Ambiente sobre o plan especial da praia das Catedrais que estamos elaborando e que pende directamente do Plan Xeral de Ordenación Municipal que a propia Consellería aprobou hai un ano. Penso, polo que os técnicos da empresa redactora do plan especial me indican, que nos próximos días poderemos xa someter á consideración da Consellería o que é o estudo inicial por si vedes que hai algo no que discrepades ou non, para seguir traballando en conxunto”.


O alcalde ribadense engadiu que “o goberno municipal e entendo que a Corporación o que queremos é que siga sendo un reclamo turístico impecable de Ribadeo, da Mariña tamén, pero por encima da Mariña e do país, de Ribadeo porque está en Ribadeo e iso queremos que quede claro. No pasado tivemos algúns desencontros e foi fonte de conflitos, pero o territorio é o que é e os marcos son os que son e neste país hai moita manía de polas noites mover os marcos de sitio e iso non queda ben”.


Suárez Barcia dixo que “non estamos inventando nada, solo queremos copiar dos mellores sitios do mundo onde organizan este tipo de espazos turísticos e económicos, de tantos lugares de Europa que xestionan a capacidade de traer a miles de persoas cunha xestión sustentable do territorio. Entendo que o que debemos facer agora a Xunta e o concello é xestionar a transitoriedade, é dicir qué facer durante todo este tempo, o ano, o ano e medio, o tempo que sexa en tanto ese plan especial non estea aprobado definitivamente e que regule xa máis seriamente o funcionamento do transporte público, onde aparcan os vehículos e como se xestiona mellor. Nese senso o noso compromiso é sincero como sempre foi”.


Finalmente o alcalde declarou que “estes últimos anos para Semana Santa non tíñamos os aparcamentos que alugamos na época estival, pero agora xestionamos cos seus propietarios e non teñen ningún problema en cedérnolos para que poidamos ter unha válvula de escape ante tal avalancha de xente. Por tanto pedimos que ese persoal que a Consellería vai poñer a disposición do control dos vehículos que usen de entrada para que os coches aparquen aí e volvan tamén por aí. Se iso queda colapsado que se busquen outros territorios, pero que entren primeiramente por aí”.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE