#Claves de la semana

Entra en vigor a Lei do Solo de Galicia

Uns dos principais cambios é a axilización da redacción dos plans urbanísticos dos municipios galegos


|


Xa está en vigor a nova Lei do Solo de Galicia, creada entre outras cousas para  "facilitar e axilizar" a redacción dos plans urbanísticos dos municipios galegos, de forma que todos poidan contar cun instrumento de ordenación.



Nun comunicado, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio asegura que o texto legal, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG), é máis "sinxelo e simplificado", coa redución dun "31% dos artigos respecto da normativa anterior".



Así mesmo, segundo o departamento que dirixe Beatriz Mato, a nova lei "prevé a redución de trámites e acurta nun 75% a tramitación autonómica dos plans". Ademais, sinalou que "nace con vocación de futuro e de permanencia e pon o interese xeral que supón a paisaxe por encima de calquera interese privado ou particular".



A modo de exemplo, a Consellería explicou que a Lei establece "o marco necesario para que as construcións se adapten á contorna, grazas ao fomento da recuperación do xa construído fronte a novas estruturas" e "reforza a obrigación de terminar exteriormente as construcións, poñendo fin á deterioración da paisaxe".



"Unha das principais medidas que recolle este lei é a creación de novas figuras como o Plan Básico Autonómico e os Plans Básicos Municipais, destinados a servir de apoio aos municipios con menos de 5.000 habitantes, que son os que maiores dificultades técnicas adoitan atopar para elaborar un plan", apuntou.



Por todo iso, a Xunta considera que este texto normativo "axudará a contar cunha Galicia ordenada, sustentable, capaz de crecer e de ser competitiva, á vez que respecta o seu patrimonio, os seus valores naturais e a súa paisaxe".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE