#Claves de la semana

Tratan de parar unha revisión do plan forestal "orientada ao eucalipto"

Entidades como Adega, Amigos da Terra, APDR ou Fruga presentaron propostas alternativas no parlamento


|


Durante o ano 2015 o Consello Forestal de Galicia adicouse a revisar o plan forestal vixente dende 1992, acadando unhas directrices duramente criticadas por un gran número de entidades vinculadas ao monte que se quedaron fóra do proceso de revisión.


Asociacións como Adega, Amigos da Terra, APDR ou Fruga integran unha plataforma que considera que as novas directrices potencian "un monocultivo de eucalipto que xa está sobredimensionado", segundo asegurou o seu voceiro Elías Somoza en declaracións para Galiciapress.


Reclaman que o novo plan forestal teña " unha visión máis diversificada donde outras producións do monte se teñan en conta", así como actividades sociais e culturais.


Xa presentaron no rexistro xeral da Xunta un documento con propostas alternativas, que este mércores tamén lles trasladaron aos grupos parlamentarios do PSdeG, do BNG e Mixto. Tamén enviaron propostas para AGE e para o PPdG, pero polo de agora non recibiron resposta. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE