​Os traballadores das residencias privadas da terceira idade reclaman un incremento salarial

|




CCOO, UGT e CIG uníronse para reclamar no Consello Galego de Relacións Laborais unha mellora salarial do 3% para os traballadores das residencias privadas da terceira idade de Galicia, dentro do marco de negociacións do seu convenio colectivo.


Ademais, tamén piden unha nova paga extra a conquerir e 4 anos, unha redución da xornada laboral e varias melloras en licencias. Recordan que se trata dun colectivo con salarios na maioría dos casos inferiores a 1000 euros, con “xornadas longas de 24 horas os 365 días do ano”.


Pero a patronal negouse a entrar no articulado da negociación, alegando que a proposta non era realista. Unha actitude que consideran “inaceptable” dende CCOO, aínda que esperan que na vindeira reunión do 13 de maio lles den a coñecer a súa “proposta realista”. 


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress