#Claves de la semana

Centos de delegados sindicais concéntranse denunciando explotación nunha filial de Coren

Protestan pola contratación de "falsos autónomos" na filial porriñesa Frigolouro


|


Máis de 300 delegados sindicais da CIG e afiliados de CNT concentráronse este venres diante da planta principal de Coren en Ourense, como mostra do apoio cara as reivindicacións dos “falsos autónomos” que segundo denuncian traballan nunha filial da compañía no Porriño.


Insisten na súa denuncia de que a filial de Coren, Frigolougo, se vale da figura do “falso autónomo” para contratar de forma irregular a máis de 200 operarios, que dependen da empresa Servicarne pese a desenvolver o seu traballo na filial de Coren.


Denuncian ademais condicións durísimas de traballo, con longas xornadas e salarios inxustos, ademais de represión. Por iso se concentraron diante de Coren reclamando a readmisión dos cinco despedidos “tras participar na folga contra a explotación laboral e en demanda dunhas condicións de traballo dignas”, berrando consignas como “A explotación non é a solución”, “Despedidos readmisión” ou “Servicarne explotadores”.


O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, adiantou que a central continuará a convocar mobilizacións para denunciar a situación dos “falsos autónomos” de Servicarne. “Volveremos a Ourense, pero a próxima vez pasaremos pola rúa dedicada a Franqueira [fundador de Coren] e xunto ao seu nome porémoslle un letreiro que diga explotador”.


relacionada Convocada unha folga indefinida en Frigolouro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE