#Claves de la semana

​Queremos Galego non terá que pagar polos supostos incidentes na manifestación de 2013

Insisten en que a denuncia só podía entenderse desde o uso político das institucións a favor dos intereses do PP"


|



A xustiza acaba de darlle a razón á plataforma Queremos Galego, que gañou o seu recurso contra a sanción imposta polos supostos incidentes ocorridos na manifestación do 17 de maio de 2013 con motivo do Día das Letras Galegas.


O portavoz da plataforma e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, sinala que houbo unha "denuncia por parte da Policía e da Delegación do Goberno" que "só se entende desde o uso político das institucións a favor dos intereses do PP", que entón estaba á fronte do Concello de Santiago, Xunta e Goberno central.


Para a plataforma, esta "manipulación das institucións" xa fora "explicitada" por parte do PP coa "negativa municipal a permitir a colocación dun palco ou megafonía", o que foi recorrido no xulgado por Queremos Galego, ou coa modificación "sen tempo" do percorrido notificado á Delegación do Goberno, "co obxectivo de obstaculizar a reivindicación a favor da lingua", denuncia.


"A negativa de Queremos Galego a ceder nas presións do PP para que a manifestación non se celebrase foi o motivo real da multa", recriminou a plataforma, que asegura que "non se trata de feitos illados", senón que se sucederon noutras ocasións.


Pese a todo, Marcos Maceira espera que "feitos como estes non se volvan a repetir" e chama a participar na manifestación do próximo día 17, que sairá ás 12,00 da Alameda de Santiago. O portavoz da plataforma defendeu a necesidade de "volver saír un ano máis á rúa para defender a lingua galega como elemento de unión e para garantir a convivencia en condicións de igualdade dentro do pobo e nas relacións con outros pobos".

relacionada ​Este 17 de maio será unha "festa reivindicativa" do galego, a chave coa que abrimos o mundo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE