#Claves de la semana

Comeza cunha nova chamada ao boicot a "reválida" de 3º de primaria

A Xunta fala de "acoso político" por parte dos colectivos convocantes


|


Entre hoxe marte es mañá mércores celebraranse a "reválida" de 3º de primaria. Uns 20.000 nenos galegos están chamados a realizar unha proba, pero non está claro cantos acudirán. 


Neste caso, hai un precedente. O ano pasado xa se celebrou, cunha abstención do 20% segundo a consellería de Educación, que ascende ata o 50% no caso das plataformas convocantes do boicot. 


Pero o éxito da abstención nas probas de 6º de primaria, nas que a consellería recoñeceu unha abstención do 40%, elevada polas plataformas ata máis do 80% nos colexios públicos, fai esperar unha insumisión maior este ano. 


Dende as plataformas aproveitaron a elevada abstención da proba de 6º para pedirlle á Xunta  que asumira "o estrepitoso fracaso" e desconvocara as probas de 3º.


Pero a administración seguiu adiante co calendario fixado, convencidos de que as probas se irán normalizando co paso dos anos, a pesar de que a negativa dun gran número de familias a mandar aos seus fillos a realizar as probas é algo que recoñecen que non poden "obviar".


O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, considera como "acoso político" a mobilización impulsada por colectivos educativos en contra das probas, acusa aos impulsores de iniciar "un debate bastante egoísta" con intereses "máis aló dos educativos".



O conselleiro insistiu en que esta proba "non é ningunha reválida", senón unha "avaliación de diagnose" que non computa no expediente do alumno nin ten como propósito facer "ránkings de centros"."Fago un chamamento á normalidade e a tranquilidade, porque ao final o tempo é o mellor xuíz", mantivo, antes de insistir en que é necesario "sosegar os ánimos" en relación a este tema en lugar de tender cara a unha "sobreactuación" que ten "un interese máis aló dun interese educativo".


Ante esta decisión as plataformas continúan coa súa chamada ao boicot, organizando ademais concentracións coincidindo coas probas. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (CIG-Ensino, BNG, Anpas Galegas, Erguer!... ) concentrarase este martes coincidindo co inicio das probas ante a consellería de Educación.


Na mesma liña, a Plataforma en Defensa do Ensino Público (Confapa, CC.OO. Ensino, FETE-UGT....) escenificará o seu rexeitamento tamén este martes cunha concentración ás 10:00 en Boiro, xunto a asociacións de pais da comarca do Barbanza. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE