#Claves de la semana

​Convocan unha caravana protesta reclamando "ética" nas contratacións de Correos

Será na Coruña este sábado a partir das 11:30.


|


CIG-Correos convocou para este sábado ás 11 da mañá unha caravana protesta de coches coa que pretende esixir unha contratación de persoal rexida pola "ética, xustiza e transparencia" nesta empresa.


A caravana partirá ás 11:30 da explanada fronte á parte posterior do Edificio Sindical da Avenida de Alfonso Molina, rematando diante do edificio principal de Correos na avenida da Marina, onde terá lugar unha concentración.


Segundo explicou CIG-Correos, esta convocatoria responde a que os contratados do sistema de sustitución de Correos están "totalmente indefensos" porque descoñecen "a normativa que se lles aplicará á hora de facer os chamamentos e tamén o proceso de contratación".


Ademais, tamén denuncian a "precariedade" nos contratos que se realizan, argumentando que antes se facían a xornada completa e agora "moitos deles son a xornada parcial". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE