MÉRCORES, 15 DE XUÑO, AS 19:00 H. NO AUDITORIO

Información á cidadanía sobre cláusulas chan e créditos rápidos, este mércores, en Ourense

|

Caausulasuelo

Unión de Consumidores de Galicia, coa colaboración da Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Ourense organiza unha charla informativa sobre “Cláusulas chan. Créditos rápidos", que terá lugar o mércores, 15 de xuño, ás 19:00 horas na sala azul do Auditorio Municipal, con entrada libre e gratuíta.




As persoas consumidoras e usuarias atópanse con multitude de problemas e presións derivados dun convulso escenario económico no que a Unión de Consumidores de Galicia detectou grandes problemáticas como as cláusulas chan e os créditos rápidos.


Nun contexto no que está próxima a resolucióndo Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre as cláusulas chan, no que o número de casos por problemas derivados cos chamados créditos rápidos vai en aumento; UCGAL entende que as persoas consumidoras necesitan información correcta e actualizada sobre estas cuestións para seren capaces de facer valer os seus dereitos económicos en todo momento.


Neste sentido, organiza, neste caso coa colaboración do Concello de Ourense, charlas informativas de carácter gratuíto centradas na defensa dos dereitos económicos dos cidadáns. Asemade, UCGAL proporcionará axuda legala aquelas persoas que necesiten asesoramento específico nesta materia.


A primeira actuación informativa sobre esta temática na provincia de Ourense será pasado mañá, mércores, 15 de xuño, no Auditorio Municipal.



As persoas interesadas poden obter máis información en www.consumidores.gal (prensa@consumidores.gal, info@consumidores.gal, 981 566411, 981 586696)

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress