#Claves de la semana
PARA POSICIONAR A CORUÑA NO EXTERIOR COMO UNHA CIDADE ATRACTIVA

Lanzada Calatayud, nova gerente del Consorcio de Turismo de A Coruña

Salientou o potencial da cidade “para situala á altura das grandes cidades europeas”


|

ALBERTOLEMALANZADACALATAYUD12

A recien nomeada Xerente Lanzada Calatayud  e o concelleiro Alberto Lema


O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, presentou no Pazo de María Pita á nova xerente do Consorcio de Turismo de A Coruña, Lanzada Calatayud que, logo de participar no proceso de selección para dito posto iniciado o pasado mes de febreiro, resultou a candidata con maior puntuación entre as 35 persoas que se presentaron. O edil destacou a “alta capacidade” de Calatayud para “afrontar un reto importante” como é “posicionar A Coruña no exterior como unha cidade atractiva”, a través “dun cargo desde o que articulará o Plan de Dinamización Turística e a coordinación entre os recursos municipais e do propio sector”.


“A Coruña ten recursos suficiententes, que cómpre situar a nivel internacional, no ámbito cultural, gastronómico, deportivo ou de compras, e tamén ten obxectivos pendentes, como articular o Camiño Inglés “, sinalou o responsable municipal. Neste sentido, a nova xerente destacou “o potencial multiexperiencial” da Coruña como destino internacional, “xa que abrangue moitos sectores, desde o cultural, de congresos ou incluso natural”.O turismo non debe ser unha cuestión de cantidade, senón de calidade”, expuxo Calatayud, “polo que se traballará nunha forte promoción da cidade no exterior, en particular nos seus puntos fortes”. A xerente sinalou á gastronomía como un destes fitos. “Temos que facer destino do territorio no que vivimos. A Coruña conta con produtos de mar e de terra de moi alta calidade, e dunha tradición marítima e pesqueira que é necesario pór en valor”, dixo.


Entre os obxectivos que se propón a nova xerencia do Consorcio, está “desestacionalizar a tempada turística” e “potenciar a cidade como destino de fin de semana”. Calatayud defendeu o papel de Alvedro para ampliar a segmentación turística e acadar novos públicos. “Temos que loitar por algunha nova conexión internacional que faga chegar turistas de centroeuropa, Alemania ou Países Baixos. A Coruña ten unha oferta completentaria moi grande e desenvolver este segmento do "city break" (viaxes de corta duración, de fin de semana) porá a cidade á altura das grandes localidades europeas”, destacou. En canto á relación co sector e preguntada polos medios de comunicación, Calatayud defendeu un papel “de apoio e coordinación” desde a institución fronte á imposición. “A política institucional ten que estar para apoiar, coordinar e crear sinerxias co propio sector turístico para que todas e todos rememos na misma dirección”, sinalou. 


Lanzada Calatayud Álvarez é licenciada en Filoloxía Francesa e Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e conta cun Máster en Dirección e Planificación Turística da Universidade de Vigo. Dos anos 2007 a 2015, foi a xerente dos cursos internacionais da USC, nos que se responsabilizou tamén da promoción e captación de turistas internacionais. Entre os anos 2001 e 2007, dirixiu a Casa de Europa da USC.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE